Castelo de Monforte

A conexión de Monforte con Castela e Nápoles no seculo XVI

Monforte
28 de agosto | 10.30 h

 

rúa Falagueira, Monforte

PUNTO DE ENCONTRO

Colexio Nosa Señora da Antiga

Como chegar: situado no centro de Moforte (campo da Compañía, 50). O colexio conta cun aparcadoiro amplo e moi accesible á beira do río Cabe.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

Nesta andaina visitamos un dos patrimonios renacentistas máis singulares de Galicia: o mosteiro e a igrexa de San Vicente do Pino, o colexio de Nosa Señora da Antiga e o convento das Clarisas. A etapa histórica da construción destes edificios monfortinos está asociada ao padroado dos Condes de Lemos, amigos das artes e as letras e protectores e mecenas de escritores e artistas, entre eles, Miguel de Cervantes. O seu vínculo coa corte de Castela e co Virreinado de Nápoles abriu un camiño para a chegada das correntes artísticas europeas a esta vila do interior de Galicia.

 

MONUMENTA DIVULGA

A igrexa de San Vicente do Pino foi recentemente restaurada e as dependencias do antigo mosteiro son hoxe Parador Nacional. Dentro do Colexio de Nosa Señora da Antiga (tamén coñecido como Colexio do Cardeal Rodrigo de Castro), coa súa impresionante arquitectura de estilo herreriano, atópase unha pinacoteca exquisita con obras do Greco e Andrea do Sarto, entre outros. Introducirémonos despois no Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte, cunha das mellores coleccións de orfebrería e escultura relixiosa que se poden atopar en España, con pezas destacadas como a Inmaculada e o Cristo xacente de Gregorio Fernández (s. XVII). Na camiñada, coñeceremos tamén o barrio medieval, cruzaremos o río Cabe e deambularemos polas prazas de Monforte.

 

CAMIÑANTES CONVIDADOS

Juan Manuel Monterroso, doutor en Historia da Arte decano na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Marta Becerro Manso, da empresa Tomos, restauradora especialista en pintura. Nas visitas aos edificios contaremos coas explicacións do respectivos profesionais que realizan as guías aos museos.

[su_tabs]
[su_tab title=”A andaina”]

Hora de saída: 10.30 h
Hora de regreso estimada: 14.00 h
Distancia: 2,8 km
Dificultade: baixa

Itinerario: visita ao Colexio Nosa Señora da Antiga e depois andaina cara ao mosteiro de Santa Clara (700 m), con visita guiada ao mosteiro. A seguir, subida a San Vicente do Pino polo barrio medieval (900m). E baixada a pé desde San Vicente do Pino ao aparcadoiro do Colexio Nosa Señora da Antiga (1,2 km).
Observacións: ruta urbana. Accesos con escaleiras en todos os edificios con visita.
Necesidades especificas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Entrada aos monumentos: visitas aos edificios en grupos de 50 persoas acompañados dos guías dos museos. O custo da entrada aos diferentes edificios será asumida por Monumenta 2016.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: non é necesaria inscrición.
Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13623226
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211
[/su_tab]

[su_tab title=”Enlace da ruta“]

[/su_tab]

[/su_tabs]