2014

Parque arqueolóxico da cultura castrexa de San Cibrao de Las. San Amaro-Punxín (Ourense)_sábado 14 de xuño

Coñecido na antigüidade como Lánsbrica, este castro estivo habitado entre o século II a.C. e o século II d.C. Trátase dun dos máis representativos e de maior tamaño de Galicia, cunha superficie de 10 hectáreas dentro das murallas e cunha complexa estrutura urbanística. Monumenta convida a coñecer as novas estratexias da arqueoloxía na investigación e difusión do patrimonio en relación transversal con outras ciencias.

18.30 ANDAR CON ARTE. Monumenta lévanos ata San Clodio de Leiro e San Miguel de Osmo en Cenlle. Unha visita organizada para descubrir as restauracións recentes de ambos os templos (o desprazamento de Leiro a Cenlle é por conta propia dos visitantes).

20.30 MONUMENTA EDUCA. Coñecemos, nas instalacións do parque arqueolóxico, os traballos realizados polo alumnado do CEIP Euloxio Gómez Franqueira arredor do patrimonio cultural local.

21.30 MONUMENTA EN CONCERTO.Narf Trío

Monumenta presenta, no xardín do parque, Nas tardes escuras, o novo traballo discográfico de Fran Pérez «Narf», no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador. Con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez «Ho Chi Ming» no baixo, unha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.

23.00 NOITES DE MONUMENTA. Descubre a arqueoastronomía. Unha oportunidade para coñecer o castro de San Cibrao de Las mediante a observación das estrelas e descubrir esta disciplina científica que combina ferramentas  metodolóxicas da astronomía e da arqueoloxía.

Narf Trío
Narf Trío
2014

Torre da Berenguela da Catedral de Santiago (A Coruña)_venres 13 de xuño

 Monumenta 2014 chega á catedral de Santiago, onde recentemente se interveu na torre do Reloxo, tamén chamada torre da Berenguela. O corpo principal con base románica foi construído no século XIV polo arcebispo que lle deu nome á torre, Berenguel de Landoira. En 1680 Domingo de Andrade remataría a parte superior elevándoa dúas plantas máis. En 1833  colocouse o recentemente restaurado reloxo de catro esferas (unha por cada cara da torre), obra do ferrolán Andrés Antelo.

19.00 MONUMENTA, MANS Á OBRA.Obradoiro para todas as idades, nenos e adultos, na praza da Quintana, no que se experimentará cos procesos de restauración do patrimonio. O equipo pedagóxico de Monumenta desenvolverá catro obradoiros diferentes:

• A restauración da pintura mural
• As técnicas de policromía do reloxo da Torre da Berenguela
• A reintegración de elementos decorativos coa técnica dos moldes
• Percorrido pola Praza na busca de exemplos de deterioro da construción.

19:00 MONUMENTA DIVULGA. Mesa redonda dirixida tanto para veciños da cidade como para turistas e peregrinos que se acheguen estes días a Santiago.

A restauración do patrimonio da Catedral, no Museo das Peregrinacións e de Santiago (rúa de San Miguel, 4). Diálogo con profesionais da restauración arredor das intervencións na catedral de Santiago. Con esta actividade preténdese achegar á cidadanía os diferentes traballos que durante anos se leva realizando para garantizar a conservación deste Monumento.

  • Impermeabilizacion de cúpulas, cornixas e canalóns da Catedral. Guillermo Rodríguez (Conservación del Patrimonio Artístico Renovatio S.L.)
  • As esferas do reloxo da Berenguela. Marta Becerro e Rosa Benavides (Tomos Conservación Restauración, S.L.)
  • Traballos de forxa na Catedral de Santiago. Santiago Martínez (Forxa Chago)
  • Traballos de cantería na Catedral de Santiago. José Manuel P. Fontán (Xeve Escultura e Cantería)
  • Restauración de fachadas do Pórtico Real. Angel Revuelta Alonso (Proyecto Arte Restauracion S.L.)
  • Programa Catedral de Santiago de Compostela. Enrique Fernández Varela (Fundación Barrié)
  • Retablo e esculturas dos nichos da Capela da Comunión. Yolanda Gómez (Crea Restauración S.L.)

21.30 MONUMENTA EN CONCERTO.

Baldomero Barciela e Patricia Rejas, dúo de viola de gamba e forte piano, interpretarán, na nave central da catedral compostelá, música de J. S. Bach, Ramón Cuéllar de Altarriba (organista da catedral de Santiago de 1828 a 1833) e José Ferrer Beltrán.

 

Patricia Rejas
Patricia Rejas

 

2014

Os centros educativos de San Amaro e Melide presentarán os seus traballos esta fin de semana

Os escolares do CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro levan semanas traballando arredor do Castro de San Cibrao de Las. O sábado, no recentemente inaugurado Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, exporán diferentes traballos audiovisuais e plásticos que permitirán que os asistentes se acheguen ao monumento a través da mirada dos máis pequenos.

Pola súa banda, o CEIP Matagona de Melide, está preparando un traballo sobre a igrexa de Santa María que se exporá o domingo. Para coñecer máis de cerca esta xoia do románico melidense, os alumnos e alumnas fixeron unha visita guiada polo especialista Xose Manuel Broz, que lles deu unha clase maxistral sobre este exemplo do románico no Camiño Francés.

 

 

2014

MONUMENTA DIVULGA. Mesa redonda A restauración do patrimonio no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Venres 13 de xuño ás 19:00h.

O próximo venres ás 19:00h. no Museo das Peregrinacións e de Santiago (rúa de San Miguel, 4) celebrarase a Mesa redonda A restauración do patrimonio da catedral. Establecerase un diálogo cos seguintes profesionais da restauración arredor das intervencións na catedral de Santiago.

  • Impermeabilizacion de cúpulas, cornixas e canalóns da Catedral. Guillermo Rodríguez (Conservación del Patrimonio Artístico Renovatio S.L.)
  • As esferas do reloxo da Berenguela. Marta Becerro e Rosa Benavides (Tomos Conservación Restauración, S.L.)
  • Traballos de forxa na Catedral de Santiago. Santiago Martínez (Forxa Chago)
  • Traballos de cantería na Catedral de Santiago. José Manuel P. Fontán (Xeve Escultura e Cantería)
  • Restauración de fachadas do Pórtico Real. Angel Revuelta Alonso (Proyecto Arte Restauracion S.L.)
  • Programa Catedral de Santiago de Compostela. Enrique Fernández Varela (Fundación Barrié)
  • Retablo e esculturas dos nichos da Capela da Comunión. Yolanda Gómez (Crea Restauración S.L.)
2014,Crónicas

Actividades na igrexa de Santa María Magdalena de Sarria o pasado 8 de xuño

O pasado domingo 8 de xuño, Monumenta visitou a Igrexa de Santa María Magdalena de Sarria. Arredor deste monumento os escolares dos CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción e CPR A Mercé realizaron diferentes traballos que se expuxeron ante o público asistente. Posteriormente mantívose unha conversa con diferentes convidados sobre a tradición dos luthiers en Sarria. O broche final puxérono Germán Díaz e David John Herrintong, que presentaron un proxecto de novas composicións creadas expresamente para a lira organizzata.

 

2014,Crónicas

Actividades na Catedral de Tui o pasado 7 de xuño

O programa Monumenta arrancou o pasado sábado en Tui. No claustro da Catedral, os centros educativos CEIP Plurilingüe nº2 de Tui, CEIP Plurilingüe de Guillarei e CEIP de Rebordáns presentaron diferentes traballos realizados sobre o monumento. O peche do día púxoo o grupo de música antiga “Mendinho”, con Paulina Ceremuzynska e Carlos Castro.

 

 

2014

Igrexa de Santa María Magdalena. Sarria (Lugo)_domingo 08 de xuño

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO. Este conxunto, situado en pleno Camiño Francés de Santiago, destaca pola variedade de estilos arquitectónicos que alberga, o que o converte nunha obra senlleira da arquitectura relixiosa galega. A influencia do Camiño de Santiago tivo repercusión, tamén, na penetración de innovacións musicais e na tradición de fabricación de instrumentos.

 20.00 MONUMENTA EDUCA. O alumnado do CPR A Mercé e do CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción presenta os seus traballos realizados arredor do patrimonio.

20.30 FALADOIROS MONUMENTA. A tradición dos luthiers en Sarria, en conversa aberta con diferentes convidados, na igrexa, como aperitivo do concerto.

21.00 MONUMENTA EN CONCERTO.

Le Voyage: Germán Díaz e David John Herrington

presentarán, na igrexa de Santa María Magadalena, este proxecto de novas composicións, creadas expresamente para a lira organizzata, un instrumento sorprendente, cheo de particularidades técnicas e sonoras, co acompañamento de corneta e tuba. Unha viaxe, nunca antes imaxinada, polas músicas tradicionais e o jazz.

2014

A Catedral de Tui (Pontevedra)_sábado 07 de xuño

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO. A catedral de Santa María, que destaca polo seu aspecto de fortaleza, é o edificio máis representativo do patrimonio artístico da vila de Tui. Consagrada en 1225, a súa construción iníciase no século XII, en pleno románico, como se ve na planta, na portada norte e na iconografía dos capiteis. A fachada principal gótica é unha das primeiras obras deste estilo realizada na Península Ibérica. A sonoridade das pedras medievais conservadas en Tui suxírennos un percorrido musical polos sons da época.

20.00 MONUMENTA EDUCA. Presentación no claustro da catedral dos traballos arredor do patrimonio de Tui realizados polos , CEIP de Rebordáns, CEIP Plurilingüe de Guillarei e CEIP Plurilingüe Nº2.

20.30 MONUMENTA EN CONCERTO.

Meendinho
O milagre do pergamiño Vindel é unha proposta de Paulina Ceremużyńska –voz, percusión, contrafacta– e Carlos Castro –percusión e salterio– para levarnos polas cantigas de amigo de Martín Codax e outras composicións do seu tempo.

2014

Os centros educativos de Tui e Sarria serán protagonistas da primeira fin de semana de Monumenta

Os centros educativos de Tui e Sarria están ultimando os traballos que presentarán dentro da programación de Monumenta desta fin de semana. Trátase do resultado de semanas de investigación na que os alumnos e alumnas indagaron no seu contorno máis próximo arredor de dous monumentos:  a Catedral de Tui e a Igrexa de Santa María Magdalena de Sarria. En Tui, o sábado 7 de xuño a partir das 20:00h, o CEIP Plurilingüe nº2,  o CEIP Plurilingüe de Guillarei e o CEIP de Rebordáns presentarán os traballos realizados sobre a catedral.

Xa o domingo, a partir das 20:00h, na Igrexa da Magdalena os alumnos e alumnas dos CPR A Mercé e CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción serán os protagonistas do evento ao encargarse de achegar ao público a este monumento recentemente restaurado.