2017,Camiñantes

Os nosos Camiñantes convidados (II)

5. Escoitando as Terras de Miranda
MONDOÑEDO, LUGO
Sábado 19 de agosto 11:00

  • Mauro Sanín é responsable de comunicación en aCentral Folque e director do Encontro Interna- cional Zona da Zanfona. Tamén imparte aulas de zanfona na AC Brisas do Quenllo da Pontraga (Tordoia) e no Conservatorio Histórico de Santiago. Actualmente forma parte de varios proxectos en palco tocando a zanfona a solo, a dúo co cantor beirão César Prata (Cantos de Cego da Galiza e Portugal, 2016) ou co trío de experimentación audiovisual Ulobit (Vikingland, 2016), entre outros.
  • Valentín Insua é o campaneiro da catedral de Mondoñedo, onde subiu por primeira vez con oito anos seguindo o exemplo de seu pai e de seu tío. Desde entón, ademais de encargarse de executar manualmente os toques, mantén viva esta tradición a través da difusión da súa historia.
  • Xoán-Xil López é musicólogo, artista sonoro e doutor en belas artes. Ten traballado no uso da paisaxe sonora na creación artística contemporánea —estéticas sonoras e procesos culturais—. Realizou investigacións tanto no ámbito da etnomusicoloxía como no da música contemporánea.

6. Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger
CAMELLE, CAMARIÑAS
Domingo 20 de agosto 10:30 h

  • Carmen Hermo, artista plástica e profesora na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. Está vinculada ao Museo do Alemán-Casa de Man e á conservación das obras de Man.
  • Anxo Cabada, fotógrafo, que nos introducirá na obra de Ruth Matilda Anderson e de Ramón Caamaño.
  • Manuel Vilar, antropólogo con numerosos traballos sobre a microtoponimia da Costa da Morte.
  • Ángel Cerviño, artista plástico e comisario de exposicións.

7. Tras os pasos de Casto Sampedro
REDONDELA E ILLA DE SAN SIMÓN, PONTEVEDRA
Sábado 26 de agosto 17:00 h

  • Xavier Groba González, profesor de música no IES de Baiona e investigador, é especialista no estudo da música galega de tradición oral e popular.
  • María Xosé López e Alfonso Cheda acompañarán o percorrido coa gaita e a zanfona, interpretando diferentes pezas musicais recollidas por Casto Sampedro, así como unha mostra das cantigas de Martín Códax xa na illa de San Simón.

8. Alan Lomax e os afiadores dos Peares
NOGUEIRA DE RAMUÍN, OURENSE
Domingo 27 de agosto 10:30 h

  • Florencio de Arboiro, etnógrafo e escultor, creador da Casa das Rodas, en San Xoán de Río, onde exhibe a impresionante colección de rodas de afiar que foi adquirindo e restaurando durante máis de 30 anos.
  • Cristina Asenjo, profesora de música no ensino secundario e acordeonista do conxunto O Sonoro Maxín. É natural de Alongos, terra de músicos, onde aínda se mantén viva a memoria do antigo verbo dos xingros.
    Acompañados en formato de barriografía ou parladoiro iti- nerante polo músico e escritor Xurxo Souto.

    Angel Cerviño
    Anxo Cabada
    Florencio de Arboiro
    Mauro Sanín
    Xurxo Souto
    Xoan Xil
    Carmen Hermo
2017,Camiñantes

As nosas Camiñantes convidadas (I)

1. Dous séculos do rostro de Galicia
SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA
Sábado, 5 de agosto 10:30 h

  • Juan López Bedoya, xeógrafo formado na Universidade de San- tiago de Compostela.
  • Manuel Anxo Freire Boado, cartógrafo, que fará un transepto de medicións con distintos aparatos que recrearán parte do traballo científico de Domingo Fontán.

2. Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas
SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, ALLARIZ, OURENSE
Domingo, 6 de agosto 11:00 h

  • Rebeca Blanco-Rotea e Patricia Mañana Borrazás participaron no estudo do conxunto realizado por lapa-csic: o levantamento topográfico con láser-escáner e a lectura estratigráfica de alzados da basílica da Asunción e do forno da Santa, no conxunto de Santa Mariña de Augas Santas.

3. Os morcegos de Santa María de Pesqueiras
STA. MARÍA DE PESQUEIRAS, CHANTADA, LUGO
Sábado 12 de agosto 11:00 h

  • María Abuín Fernández, da empresa Máis que Románico,que realiza visitas guiadas e rutas na Ribeira Sacra.
  • Marta Becerro Manso, da empresa Tomos, restauradora especialista en pintura.
  • Roberto Hermida, da asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural, bo coñecedor da vida dos morcegos.

4. A Valga Romana
VALGA, PONTEVEDRA
Domingo 13 de agosto 10:00 h

  • Santiago Chenlo Campos é licenciado en historia da arte pola usc, responsable do Museo da Historia de Valga.