Igrexa de Santa María Magdalena

Igrexa de Santa María Magdalena. Sarria (Lugo)_domingo 08 de xuño

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO. Este conxunto, situado en pleno Camiño Francés de Santiago, destaca pola variedade de estilos arquitectónicos que alberga, o que o converte nunha obra senlleira da arquitectura relixiosa galega. A influencia do Camiño de Santiago tivo repercusión, tamén, na penetración de innovacións musicais e na tradición de fabricación de instrumentos.

 20.00 MONUMENTA EDUCA. O alumnado do CPR A Mercé e do CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción presenta os seus traballos realizados arredor do patrimonio.

20.30 FALADOIROS MONUMENTA. A tradición dos luthiers en Sarria, en conversa aberta con diferentes convidados, na igrexa, como aperitivo do concerto.

21.00 MONUMENTA EN CONCERTO.

Le Voyage: Germán Díaz e David John Herrington

presentarán, na igrexa de Santa María Magadalena, este proxecto de novas composicións, creadas expresamente para a lira organizzata, un instrumento sorprendente, cheo de particularidades técnicas e sonoras, co acompañamento de corneta e tuba. Unha viaxe, nunca antes imaxinada, polas músicas tradicionais e o jazz.