Para participar na andaina “Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädingere” é necesario cumprir cunha serie de requisitos:

  • Non se permite a participación aos menores de 12 anos. Os menores de idade comprendidos entre os 12 e os 18 anos deberán ir acompañados por un adulto maior de idade, que se fai responsable do ou da menor para todos os efectos.
  • Antes de inscribirse, asegúrese de que a ruta é axeitada ás súas condicións físicas (desniveis, obstáculos etc.).
  • Todos os participantes deberán actuar dun xeito responsable co medio ambiente e co patrimonio, e favorecerán en todo momento a conservación ambiental e o equilibrio social.
  • Os animais de compañía non están permitidos durante o desprazamento en autobús.
  • Esta ruta estará coordinada por persoas expertas. Os e as participantes deberán seguir en todo momento as súas instrucións e indicacións.
  • Para a realización da ruta é obrigatorio o uso de roupa e calzado axeitado para camiñadas.
  • Cada participante debe levar os seus propios alimentos, líquidos, chapeu ou gorra e protector solar.
  • En caso de mal tempo, recoméndase levar roupa de abrigo e impermeable.
  • A chuvia non será impedimento para a realización da ruta. No entanto, a organización resérvase o dereito de modificar o programa se o considera necesario.
  • En caso de suspensión do evento por parte da organización debido ás inclemencias do tempo, comunicarase unha nova data de realización.
  • No caso de que o participante decida cancelar a súa asistencia ao evento, deberá comunicalo á organización con antelación suficiente.
  • A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste regulamento.