Parque arqueolóxico da cultura castrexa de San Cibrao de Las. San Amaro-Punxín (Ourense)_sábado 14 de xuño
Coñecido na antigüidade como Lánsbrica, este castro estivo habitado entre o século II a.C. e o século II d.C. Trátase dun dos máis representativos e de maior tamaño de Galicia, cunha superficie de 10 hectáreas dentro das murallas e cunha complexa estrutura urbanística. Monumenta convida a coñecer as novas estratexias da arqueoloxía na investigación e difusión do patrimonio en relación transversal con outras ciencias.
18.30 ANDAR CON ARTE. Monumenta lévanos ata San Clodio de Leiro e San Miguel de Osmo en Cenlle. Unha visita organizada para descubrir as restauracións recentes de ambos os templos (o desprazamento de Leiro a Cenlle é por conta propia dos visitantes).
20.30 MONUMENTA EDUCA. Coñecemos, nas instalacións do parque arqueolóxico, os traballos realizados polo alumnado do CEIP Euloxio Gómez Franqueira arredor do patrimonio cultural local.
21.30 MONUMENTA EN CONCERTO.Narf Trío
Monumenta presenta, no xardín do parque, Nas tardes escuras, o novo traballo discográfico de Fran Pérez «Narf», no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador. Con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez «Ho Chi Ming» no baixo, unha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.
23.00 NOITES DE MONUMENTA. Descubre a arqueoastronomía. Unha oportunidade para coñecer o castro de San Cibrao de Las mediante a observación das estrelas e descubrir esta disciplina científica que combina ferramentas metodolóxicas da astronomía e da arqueoloxía.