Os contactos culturais nos camiños marítimos
PONTEDEUME, A CORUÑA
Venres 6 de agosto, 10:00 h
PUNTO DE ENCONTRO
Xardíns de Lombardero. Como chegar: entrar en Pontedeume pola N-651. Recomendamos estacionar fronte ao Instituto de Educación Secundaria Fragas do Eume.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Pontedeume fúndase como poboación ex novo en 1270 xunto a unha ponte, paso obrigado nas comunicacións terrestres norte-sur, co obxecto de completar a organización do territorio dos arciprestados de Pruzos e Bezoucos. O seu emprazamento, con limitacións de espazo na costa e de calado do porto, hipoteca o seu futuro, converténdose co paso dos séculos nun centro comarcal de servizos.
MONUMENTA DIVULGA
A principios do século XIX, a cidade portuaria da Coruña era un enclave estratéxico no comercio europeo e transatlántico. A súa elite comercial e financeira, do mesmo xeito ca a do resto do mundo occidental, utilizou a música de cámara clásica vinda de Londres e París como símbolo de distinción social e exhibición de poder.
MONUMENTA ESCOITA
Antía Muíño, afincada en Donostia, é unha das voces máis suxestivas da nova canción galega. Aínda estamos pendentes do seu agardado primeiro disco, pero xa coñecemos varios adiantos onde, sen abandonar as raíces do folk, a artista nos deixa argumentos suficientes que auguran un futuro prometedor.
MONUMENTA CIRCULAR
Cátedra é unha revista eumesa que desde 1994 publica artigos de investigación dedicados á antropoloxía, o pensamento, a arte e a historia da comarca do Eume.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Carolina Queipo Gutiérrez, catedrática de Etnomusicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Navarra, especialidade de Musicoloxía.
Carlos de Castro Álvarez, historiador e escritor residente en Pontedeume. É cofundador da revista Cátedra e forma parte do consello asesor e científico da revista Estudios Mindonienses.
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: Ruta circular de 2 km polo casco antigo.
- Dificultade: baixa.
- Itinerario: visitaremos o Concello de Pontedeume, a ponte, o porto, a muralla, o torreón dos Andrade, o pazo do arcebispo Bartolomé Rajoy, a Cátedra de Latinidade etc.
- Observacións: andaina urbana por rúas con tráfico rodado.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos
- Prazas: 20 persoas
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|
Prazas Esgotadas
