Presentada a segunda edición de Monumenta

Onte tivo lugar a rolda de prensa de presentación da segunda edición do ciclo Monumenta no Museo das Peregrinacións e de Santiago, un dos escenarios da nova programación.

Na rolda ante os medios, Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, explicou que Monumenta botou a andar co obxectivo de iniciar “unha experiencia pioneira e diferente de promover unha reflexión local e unha maior implicación e participación da veciñanza na relación cos seus bens patrimoniais”.

Así naceu o ciclo que, segundo explicou Lorenzo, integra “a creatividade e o movemento cultural locais con artistas e grupos galegos consolidados”.

Na rolda de prensa tamén participaron o coordinador do ciclo, Julio Gómez, e o director do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Bieito Pérez Outeiriño.

Dossier prensa 2014

04_06_14_rolda presentac_Monumenta