Vilaboa (Pontevedra)
21 de agosto | 10.30 h

Salinas de Ulló

PUNTO DE ENCONTRO
Aparcadoiro das Salinas

Como chegar: se se vai pola N-550 de Pontevedra a Vigo, hai que tomar o desvío en Vilaboa, á altura do número 132, onde está o paso superior peonil. Coordenadas: 42.353789, -8.626663. Se se vai pola N-554 de Vilaboa a Moaña, cómpre tomar o desvío á altura do número 10. Coordenadas: 42.359415, -8.636690.

 

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

As salinas e marismas do Ulló do concello de Vilaboa atópanse situadas no fondo da ría de Vigo, formando parte dunha zona intermareal, que foi ocupada parcialmente ao longo da historia para aproveitamento humano. As salinas foron construídas no 1637 e, xunto coa marisma, constitúen unha contorna de incalculable valor ecolóxico e de gran beleza paisaxística, se ben, como en tantos outros enclaves da costa, os seus usos tradicionais foron abandonados co paso do tempo.

 

MONUMENTA DIVULGA

Coñeceremos as ruínas da Granxa das Salinas, edificio de finais do século XVIII e principios do XIX, utilizado pola servidume e os terratenientes, e que dispuña de diversas dependencias para a manipulación do sal e outros produtos. A andaina tamén nos levará a un dos poucos exemplos de muíño de mareas, que aproveitaba as correntes das preamares para mover a súa maquinaria.

 

CAMIÑANTES CONVIDADOS

Alejandro Costa Fernández, enxeñeiro técnico, monitor de ocio e veciño de Vilaboa, organizador de roteiros a pé e en bici polo espazo natural e polo patrimonio da zona. Francisco Alonso Toucido, graduado en historia e doutorado en arqueoloxía, guía de rutas interpretativas do medio natural.Coa axuda e colaboración da Asociación Salinas de Ulló, adicada á recuperación, conservación e divulgación do entorno das Salinas. Treme, Su Garrido, voz e guitarra, e Margarida Mariño, cello, compartirán con nós a súa música nos pequenos descansos durante a andaina.

 

A ANDAINA

Hora de saída: 10.30 h

Hora de regreso estimada: 14.00 h

Distancia: 10 km (5 km de ida e 5 km de volta)

Dificultade: baixa

Itinerario: Salinas de Ulló, muíño de mareas, dique das Salinas, Granxa das Salinas, Peirao dos Caralletes, Salinas de Larache (final de ida), Monte da Croa-cruceiro do Con (opcional á volta).

Observacións: andaina por camiño agrario ancho e chan.

Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.

Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.

Inscrición previa: non é necesaria.

Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13627765

MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211