Catedral de Tui (Pontevedra) 9 de novembro

A catedral de Santa María, que destaca polo seu aspecto de fortaleza, é o edificio máis representativo do patrimonio artístico da vila de Tui. Consagrada en 1225, a súa construción iníciase no século XII, en pleno románico, como se ve na planta, na portada norte

Santuario da Angustia. Betanzos (A Coruña) 10 de novembro

O Santuario da Angustia, de estilo barroco do século XVIII (1750), está situado na parroquia de San Pedro das Viñas. A recente renovación dos revestimentos interiores do templo contribúe á conservación deste interesante exemplo do barroco galego, no que se mestura a sobriedade estrutural e

Igrexa de San Miguel de Osmo. Cenlle (Ourense) 16 de novembro

A igrexa de San Miguel de Osmo é un edificio de núcleo románico fortemente transformado nos séculos XVI e XVII, incluído dentro do dominio do mosteiro cisterciense de San Clodio. Os traballos de restauración realizados na sancristía sacaron á luz dous fragmentos de pintura mural

Igrexa do Mosteiro de San Clodio. Leiro (Ourense) 24 de novembro

San Clodio de Leiro é un mosteiro da orde cisterciense fundado no século VII, cunha igrexa de estilo románico de transición. A fachada é do século XIII, dunha feitura semellante á de Meira e Armenteira. A distribución espacial interior segue a tipoloxía característica do Císter:

Igrexa de San Pedro de Moreiras. Toén (Ourense) 8 de decembro

Esta monumental igrexa rural do século XVIII, de orixe románica, conta cunha fachada de decoración barroca rematada por dúas torres desiguais de traza renacentista. No interior, trabállase na restauración do retablo de santa María, obra renacentista de gran valor patrimonial, datado arredor do século XV