2019, Patrimonio Industrial, Patrimonio inmaterial, Urbanismo

2. As canteiras de Moaña e a construción da paisaxe urbana en Galicia

MOAÑA, PONTEVEDRA
4 de agosto 10:30

PUNTO DE ENCONTRO
Praia do Cocho. Non hai unha zona de aparcadoiro específica, pero pódese estacionar na baixada pola estrada da Guía e outras rúas próximas. Como chegar: coller a PO-551 Domaio, Moaña, Cangas e, entre o km 28-29, tomar o desvío sinalado para a zona industrial O Choco ou o CEIP A Guía. https://goo.gl/maps/DM3uXRNzDtoG436w8

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Percorreremos un tramo do litoral onde a paisaxe rural e industrial configuran un modelo urbanístico, tanto na personalidade do lugar como doutras partes da propia ría de Vigo. Falaremos das pedras de Moaña coas que se contruíron moitos dos peiraos contemporáneos e, ademais, abordaremos o desenvolvemento dos estaleiros de Galicia.

MONUMENTA DIVULGA
Desde o litoral de Moaña, Monumenta asume o reto de explicar a construción da paisaxe urbana de Galicia. Para alcanzar esta meta, non só falaremos do patrimonio industrial, senon que tamén trataremos o urbanismo e a arquitectura doméstica na vivenda galega.

MONUMENTA ESCOITA
Tanxedoras son unha agrupación que, a forza de percorrer Galicia, coñece os mil xeitos de sentir a música tradicional. No seu último disco, 1952. Homenaxe a Alan Lomax, recuperan as cancións que o musicólogo realizou durante a súa viaxe por Galicia.

 MONUMENTA DEGUSTA
A cooperativa A MeixoEira elabora catro tipos diferentes de queixo, todos con leite cru de cabra. O queixo curado, polo que foi premiada cunha medalla mundial de prata, será unha das estrelas da súa presentación.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Iria Sobrino, arquitecta, experta en galpóns de Galicia e investigadora da paisaxe industrial.
Xoán Carmona, catedrático de institucións económicas da USC e investigador
da historia marítima e empresarial de Galicia.
Tamara Táboa Campos, investigadora e autora de  As canteiras do litoral de Moaña.

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:00
Distancia: 4 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: sairemos da praia do Cocho e iremos percorrendo as sucesivas canteiras e estaleiros ata a praia da Borna, camiñando en paralelo á costa.
Observacións: ida e volta desde a praia do Cocho ata a praia da Borna, paseando
por estradas asfaltadas sen beirarrúas e con pouco tráfico.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.
Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, do 15 de xullo ao 2 de agosto.

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 15 de xullo ao 2 de agosto

>>>> ANDAINA COMPLETA <<<<