NORMAS DE MONUMENTA

  • Os menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto maior de idade que se faga responsable del ou dela para todos os efectos. Na presente edición de Monumenta hai rutas con limitación de idade para os menores de 12 anos.
  • Antes de participar, asegúrese de que a ruta é adaptada ás súas capacidades físicas, tendo en conta o percorrido, desniveis, obstáculos etc.
  • Todos os participantes deberán actuar dun xeito responsable co medio ambiente e co patrimonio, e favorecer en todo momento a conservación ambiental e o equilibrio social.
  • Todas as rutas estarán coordinadas por expertos. Os e as participantes deberán seguir en todo momento as súas instrucións e indicacións.
  • Cada participante debe levar os seus propios alimentos, líquidos, chapeu ou gorra e protector solar.
  • Para a realización das rutas recoméndase o uso de roupa e calzado axeitado para camiñadas.
  • En caso de mal tempo, recoméndase levar roupa de abrigo e impermeable.
  • A chuvia non será impedimento para a realización da ruta. No entanto, a organización resérvase o dereito de modificar rutas do programa se o considera necesario.
  • En caso de suspensión do evento por parte da organización debido ás inclemencias do tempo, comunicarase unha nova data de realización.

 

Para a andaina de “Camiñando pola Costa da Morte con Ruth Matilda e Manfre Gnädinger” consulte as normas específicas.