Os centros educativos de Tui e Sarria están ultimando os traballos que presentarán dentro da programación de Monumenta desta fin de semana. Trátase do resultado de semanas de investigación na que os alumnos e alumnas indagaron no seu contorno máis próximo arredor de dous monumentos:  a Catedral de Tui e a Igrexa de Santa María Magdalena de Sarria. En Tui, o sábado 7 de xuño a partir das 20:00h, o CEIP Plurilingüe nº2,  o CEIP Plurilingüe de Guillarei e o CEIP de Rebordáns presentarán os traballos realizados sobre a catedral.

Xa o domingo, a partir das 20:00h, na Igrexa da Magdalena os alumnos e alumnas dos CPR A Mercé e CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción serán os protagonistas do evento ao encargarse de achegar ao público a este monumento recentemente restaurado.