MONUMENTA. ANDAR CON ARTE

Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio. Con este novo horizonte, Monumenta avanza un paso máis á hora de mostrar, difundir e contar o noso patrimonio material —igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos— desde as achegas do patrimonio inmaterial, que é a raíz do seu significado.

O camiñar, como o respirar, revestiu de contido os nosos carreiros ao longo da historia, para configurar a paisaxe, os nosos relatos e vivencias. Co saber dos camiñantes convidados, Monumenta achega outra mirada aos nosos camiños, nos que se erguen os edificios históricos relixiosos ou as primeiras instalacións da Revolución Industrial. Convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, axudarannos a entender outras particularidades e valores dos diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial de Galicia. Con este ciclo de andainas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio, relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade cultural e paisaxística.

  1. DESEMBARCO NO CASTELO DE SAN FELIPE
    FERROL, A CORUÑA. 30 de xullo | 10.00 h
  2. PATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA
    CALDAS DE REIS. 6 de agosto | 10.00 h
  3. A FONSAGRADA E AS TERRAS DE BURÓN
    7 de agosto | 11.30 h
  4. PATRIMONIO INDUSTRIAL E XEOLOXÍA NA RIBEIRA SACRA
    15 de agosto | 11.00 h

  5. CONTOS DE FRONTEIRA E CONTRABANDO NA VÍA NOVA
    BANDE-RAIRIZ DE VEIGA (OURENSE)
    20 de agosto | 17.30 h
  6. CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS
    SALINAS DO ULLÓ
    21 de agosto | 10.30 h
  7. O MIÑO: A RAIA DA AMIZADE
    27 de agosto | 10.30 h
  8. A CONEXIÓN DE MONFORTE CON CASTELA E NÁPOLES NO SÉCULO XVI
    28 de agosto | 10.30 h