Monumenta 2014 chega á catedral de Santiago, onde recentemente se interveu na torre do Reloxo, tamén chamada torre da Berenguela. O corpo principal con base románica foi construído no século XIV polo arcebispo que lle deu nome á torre, Berenguel de Landoira. En 1680 Domingo de Andrade remataría a parte superior elevándoa dúas plantas máis. En 1833  colocouse o recentemente restaurado reloxo de catro esferas (unha por cada cara da torre), obra do ferrolán Andrés Antelo.

19.00 MONUMENTA, MANS Á OBRA.Obradoiro para todas as idades, nenos e adultos, na praza da Quintana, no que se experimentará cos procesos de restauración do patrimonio. O equipo pedagóxico de Monumenta desenvolverá catro obradoiros diferentes:

• A restauración da pintura mural
• As técnicas de policromía do reloxo da Torre da Berenguela
• A reintegración de elementos decorativos coa técnica dos moldes
• Percorrido pola Praza na busca de exemplos de deterioro da construción.

19:00 MONUMENTA DIVULGA. Mesa redonda dirixida tanto para veciños da cidade como para turistas e peregrinos que se acheguen estes días a Santiago.

A restauración do patrimonio da Catedral, no Museo das Peregrinacións e de Santiago (rúa de San Miguel, 4). Diálogo con profesionais da restauración arredor das intervencións na catedral de Santiago. Con esta actividade preténdese achegar á cidadanía os diferentes traballos que durante anos se leva realizando para garantizar a conservación deste Monumento.

  • Impermeabilizacion de cúpulas, cornixas e canalóns da Catedral. Guillermo Rodríguez (Conservación del Patrimonio Artístico Renovatio S.L.)
  • As esferas do reloxo da Berenguela. Marta Becerro e Rosa Benavides (Tomos Conservación Restauración, S.L.)
  • Traballos de forxa na Catedral de Santiago. Santiago Martínez (Forxa Chago)
  • Traballos de cantería na Catedral de Santiago. José Manuel P. Fontán (Xeve Escultura e Cantería)
  • Restauración de fachadas do Pórtico Real. Angel Revuelta Alonso (Proyecto Arte Restauracion S.L.)
  • Programa Catedral de Santiago de Compostela. Enrique Fernández Varela (Fundación Barrié)
  • Retablo e esculturas dos nichos da Capela da Comunión. Yolanda Gómez (Crea Restauración S.L.)

21.30 MONUMENTA EN CONCERTO.

Baldomero Barciela e Patricia Rejas, dúo de viola de gamba e forte piano, interpretarán, na nave central da catedral compostelá, música de J. S. Bach, Ramón Cuéllar de Altarriba (organista da catedral de Santiago de 1828 a 1833) e José Ferrer Beltrán.

 

Patricia Rejas
Patricia Rejas