17/12/2013
En
Xeral
Actividades na igrexa de San Pedro de Moreiras, Toén (Ourense) o pasado 8 de decembro
A igrexa de San Pedro de Moreiras acolleu a última actuación do ciclo Monumenta. Nesta ocasión, os rapaces e as rapazas de Toén construíron o seu propio retablo no lugar onde actualmente traballa o equipo de restauración. Da man da restauradora Carlota López, coñeceron os procesos que se están levando a cabo neste gran retablo renacentista. En paralelo, a actuación da Rondalla de Moreiras “A.C. Breogán” durante o oficio relixioso.
Despois dos obradoiros, Belén Bermejo e Ariel Ninas fixeron unha performance sonora con campás, cuncas tibetanas e zanfona xunto co recitado de cancións en lingua occitana.
Para rematar, os asistentes gozaron da actuación do grupo S@X21, cunha orixinal adaptación da música do Renacemento.