Actividades no claustro da catedral de Tui o pasado día 9 de novembro
O pasado día 9 de novembro tivo lugar a inauguración do programa de actividades de Monumenta no claustro da catedral de Tui. As actividades que se desenvolveron estaban orientadas a divulgar as tarefas de restauración e conservación que o programa Monumenta pretende facer visible. Para lograr este obxectivo planificouse un conxunto de Obradoiros dirixidos ás familias que, baixo o título “Conservamos e restauramos”, artellou varias actividades relacionadas coa pintura, os retablos e a restauración de cubertas. Para a maioría dos rapaces participantes foi toda un descubrimento este achegarse ao mundo da recuperación da arte e o patrimonio.
A actividade completouse coa intervención artística de Rosa Cedrón que interpretou para esta ocasión coñecidas pezas do repertorio popular nunha atmosfera íntima propiciada polo recollemento propio dos muros milenarios do claustro da Catedral.