Adianto dos traballos do alumnado
Monumenta inicia este ano un programa pedagóxico deseñado para que o alumnado dos centros educativos dos lugares nos que este ano se desenvolve este ciclo poidan intervir como portadores dunha historia propia, co obxectivo de reforzar a vinculación do monumento coa contorna.
A exposición dos traballos que realicen será unha parte importante das xornadas festivas do ciclo Monumenta na súa localidade, como reflexo da valoración colectiva do patrimonio cultural.
Este vídeo é un adianto do magnífico traballo realizado sobre o Castro San Cibrao de Las polos alumnos e alumnas do CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro. O vindeiro sábado 14 de xuño, formando parte da programación de Monumenta, presentarase o traballo final deste centro educativo.