7. O patrimonio industrial nos Peares

DATOS

Día: domingo 26 de agosto
Hora de saída: 11:00 h
Hora de regreso estimada: 14:30 h
Distancia: 4,5 km
Dificultade: baixa
Punto de encontro: Estación de tren Os Peares, 32449. Ourense.

COMO CHEGAR: pola N-120, Monforte de Lemos-Ourense, débese tomar a saída Os Peares (estación dos Peares), á altura do Km 550.

Ligazón:
https://goo.gl/maps/zqBnnC1TWbx

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Os Peares, a terra dos tres ríos –o Sil, o Miño e o Búbal– é tamén a porta de entrada á Ribeira Sacra. Está dividido entre catro concellos: A Peroxa e Nogueira de Ramuín, en Ourense; e Carballedo e Ferreira de Pantón, en Lugo. Para moitos é un dos lugares con máis maxia e encanto de Galicia, ademais de esconder un pasado emprendedor e de grande actividade industrial, que se vía proxectada nunha estación de ferrocarril pola que pasaban centos de traballadores e o transporte de mercadorías.

MONUMENTA DIVULGA
Os Peares é un dos grandes epicentros da industria galega e non só pola actividade fabril presente na zona, como as centrais eléctricas, as adegas de viño, o ferrocarril e outras empresas tradicionais, senón tamén porque os seus encoros foron decisivos para a subministración eléctrica, o que propiciou a instalación posterior de empresas tan importantes como Citroën en Vigo. En pouco máis de catro quilómetros repasaremos a vida do ferrocarril, a hitoria de Bodegas Gallegas, o viño galego que se exportou a Cuba e, por suposto, as diferentes estacións eléctricas cun paseo polo encoro dos Peares e a súa arquitectura.

MONUMENTA ESCOITA
Son Trío é un grupo feminino de Vigo que une tres novas mulleres con moi ampla experiencia artística por separado. Formado en 2017 por Katerina Linke (piano e composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello), acaba de estrear cunha fantástica acollida o proxecto Miña almiña, baseado nos versos de Rosalía de Castro e con música orixinal.

  • Prazas limitadas a 100 persoas. Admisión por orde de inscrición

 

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 20 ao 24 de agosto

Erro: Formulario de contacto non atopado.

 

1 Comentar