1. Dous séculos do Rostro de Galicia
SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA
Sábado, 5 de agosto 10:30 h
• PUNTO DE ENCONTRO: Patio do Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/n, Santiago de Compostela.
Como chegar: localizado a 100 metros da Porta do Camiño, entrada á zona histórica de Santiago polo Camiño Francés. Nas proximidades presenta dificultades para o estacionamento libre; hai un amplo aparcadoiro privado a uns 100 m (r/ Ramón del Valle Inclán).
• Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A andaina segue os pasos dos lugares clave da vida e da obra do ilustrado galego Domingo Fontán (xeógrafo, matemático, político) na cidade compostelá: o Panteón de Galegos Ilustres; a Facultade de Xeografía e Historia; a Praza da Quintana; o Colexio de San Xerome e o Claustro de Fonseca.
Domingo Fontán
• MONUMENTA DIVULGA
A figura do insigne matemático e xeógrafo Domingo Fontán Rodríguez puxo a Galicia na vangarda da cartografía en España e nunha posición respectable diante dos traballos que se levaban a cabo en Europa polas principais escolas de xeodestas. Polifacético, recto e profesional, fixo da súa causa a defensa de Galicia. Foi perseguido polas súas ideas liberais, que mes- mo lle supuxeron a perda da súa cátedra. Con todo, desenvolveu unha intensa actividade docente, científica e política na que o seu obxectivo principal era a mellora nas condicións de vida dos galegos. Santiago de Compostela foi a cidade clave da súa vida e obra.
• CAMIÑANTES CONVIDADOS
Juan López Bedoya, xeógrafo formado na Universidade de Santiago de Compostela. Manuel Anxo Freire Boado, cartógrafo, que fará un transepto de medicións con distintos aparatos que recrearán parte do traballo científico de Domingo Fontán.
••• A ANDAINA
Hora de saída: 10.30 h
Hora de regreso estimada: 14.00 h
Distancia: 5 km
Dificultade: baixa-media
Itinerario: comezará coa visita á igrexa de San Domingos de Bonaval. Seguirase a andaina para visitar o Parque das Ciencias. Posteriormente, encamiñarémonos cara ao edificio da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Desde alí dirixirémonos á praza da Quintana para centrarnos na torre da Berenguela. Seguidamente achegarémonos ata San Xerome e Fonseca, os edificios que centraron a antiga actividade docente universitaria. Sairemos do casco vello por Santa Isabel e comeza- remos, daquela, unha ascensión ata o monte Pedroso.
Observacións: a primeira parte consiste nunha ruta urbana, e o segundo treito, que segue vías rururbanas e un camiño forestal, leva ata o cumio do monte Pedroso. A ruta non é circular, polo que o regreso deberá facerse andando, seguindo o camiño utilizado para a ascensión.
Necesidades especificas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 75 persoas. Imprescindible inscrición, do 25 xullo ao 04 de agosto. Admisión por orde de inscrición.
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211
FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA ESTA ANDAINA DO 25 DE XULLO AO 4 DE AGOSTO
Erro: Formulario de contacto non atopado.