Cultos, ritos e lendas dos penedos galegos
PONTEAREAS, PONTEVEDRA
Domingo 29 de agosto, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Casa Cultural de Arcos. Como chegar: pola N-120, Vigo-Ourense, tomar a saída na parroquia de Arcos.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Os penedos, esas grandes esculturas graníticas erosionadas durante miles de anos pola acción da natureza, son un dos maiores tesouros do noso patrimonio natural e inmaterial. Detrás destes monumentos hai historias, cultos, ritos, usos etc. gravados nos topónimos. Un segredo a voces que, grazas ao excepcional traballo de investigadores e asociacións, está a saír á luz.
MONUMENTA DIVULGA
No monte da Picaraña, entre a capela da Santa Cruz (1907) e o outeiro, hai un viacrucis. Moitos destes lugares teñen unha cronoloxía moi antiga como espazos de culto que, noutras partes de Galicia chegan a remontarse ata a época precristiá.
MONUMENTA ESCOITA
Carlos Suarez é artista sonoro, etnomusicólogo, deseñador de instrumentos e o mellor compositor de paisaxes sonoras de Galicia. Teremos a oportunidade de escoitar e coñecer o seu máis recente traballo, Bioloxías do numinoso.
Juan Rivas realiza unha intervención artística dentro do seu proxecto “Pintura no lugar”, que define como “un estudo da contorna na que vivo”. A súa proposta consiste en pintar a paisaxe sobre algunha superficie que forma parte da mesma paisaxe.
MONUMENTA ARQUIVO
Colaboración con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, unha empresa de enxeñería dedicada ao estudo técnico no campo da acústica.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Xavier Groba González, profesor de música no IES de Baiona e investigador, especialista no estudo da música galega.
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: 4 km
- Dificultade: baixa
- Itinerario: desde o punto de encontro subiremos en autobús ata a proximidade do cumio da Picaraña. Unha vez alí, descenderemos camiñando por pistas forestais e sendeiros.
- Observacións: camiñaremos por zonas de tránsito tanto de vehículos como de ciclistas. É moi importante permanecer sempre dentro do grupo.
- Transporte de ida: 5 euros.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|