A Vía Mariana luso-galaica
CERDEDO-COTOBADE, PONTEVEDRA
Sábado 11 de setembro, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Casa do Concello de Cerdedo-Cotobade. Como chegar: N-541, Pontevedra-Carballiño ou, desde Lalín, estrada PO-534.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O Concello de Cerdedo-Cotobade forma parte das comarcas de Pontevedra e Tabeirós-Terra de Montes. É unha área de transición cara ao interior, a cabalo entre as terras do litoral pontevedrés e a comarca do Deza. É tamén o berce de grandes canteiros, que percorrían España rebaixando a pedra e que se coñecían coa denominación popular de “barrocos”.
MONUMENTA DIVULGA
A Vía Mariana son 372 quilómetros entre Braga e Muxía. É unha iniciativa social desde o traballo colectivo de asociacións e organizacións do norte de Portugal e Galicia, co obxectivo de recuperar aqueles camiños de peregrinación entre santuarios.
MONUMENTA ESCOITA
Francisco Layna Ranz é profesor en varias universidades norteamericanas. Ten unha dilatada experiencia na crítica académica, varios libros sobre literatura medieval, a obra de Miguel de Cervantes e o Século de Ouro. Publicou catro libros de poesía e os seus poemas foron traducidos a varios idiomas.
Donas. Trátase dun ensemble, inspirado no mito das damas de Ferrara, que interpreta música instrumental de mulleres compositoras dos séculos XVII e XVIII. O Concerto delle Donne foi un grupo profesional de cantantes femininas baixo a protección da corte de Ferrara no século XVI. Daban concertos formais para membros do reducido círculo da corte a modo de música secreta.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Jesús Díaz, restaurador e conservador titulado de Bens Culturais e guía oficial de Galicia.
Asociación Vía Mariana Luso-Galaica
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: 4,5 km
- Dificultade: baixa
- Itinerario: percorrido circular polo patrimonio material e natural de Cerdedo-Cotobade.
- Observacións: andaina circular por sendeiros, camiños e estradas con tránsito de vehículos.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición aberta o luns 30 de agosto.
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|---|---|---|
A Vía Mariana luso-galaica | 0 € | Están esgotadas as prazas. Envía unha mensaxe para engadirte á lista de espera |