Desde Carboeiro ao Kumano Kodo en Xapón
SILLEDA, PONTEVEDRA
Domingo 12 de setembro, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Estacionamento do mosteiro. Como chegar: desde o centro de Silleda, tomar durante 7,5 km a PO-211 e a PO-6502. Despois, coller o desvío ao mosteiro de Carboeiro e aparcar no final da estrada.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O mosteiro de Carboeiro constitúe un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas compostelás. Está situado nun espazo de alto valor paisaxístico onde se atopan ata 22 especies de vexetación e flora.
MONUMENTA DIVULGA
Viaxaremos ao Kumano Kodo, as rutas de peregrinación que os xaponeses levan percorrendo durante séculos polos montes Kii. Teñen moitas cousas en común co Camiño de Santiago, a comezar por seren dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade.
MONUMENTA ESCOITA
Luz Pichel, filóloga, catedrática de lingua e literatura española e poeta, autora de libros como Casa pechada, Cativa en su lughar, Tra(n)shumancias e CO CO CO U, un poemario escrito na variante dialectal da súa aldea.
MONUMENTA ARQUIVO
Clase de cinema xaponés comisariada por Javier Trigales. “Sendeiros de imaxes” é unha sesión onde se proxectarán fragmentos de diversas obras audiovisuais, tanto narrativas como experimentais, de cineastas xaponeses.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
María Abuín Fernández, guía e cofundadora da empresa Máis que Románico, especializada en andainas pola Ribeira Sacra.
Gaspar Bernárdez, enxeñeiro forestal e paisaxista. Colabora co Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Masako Hattori, performer e artista, licenciada en Artes Plásticas pola Universidade de Kioto e licenciada na Escola Superior de Arte de Aix-en-Provence.
MÁIS INFORMACIÓN
Hora de saída: 10:00
Hora de regreso estimada: 14:00
Distancia: 1 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: circular, percorreremos a senda botánica do mosteiro.
Observacións: é importante avisar a organización de posibles alerxias ao pole e ás picaduras de insectos.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
*Actividades fóra do programa: despois da andaina, gozaremos dun xantar en comunidade como peche desta edición 2021.