12/06/2014
En
Xeral
Os centros educativos de San Amaro e Melide presentarán os seus traballos esta fin de semana
Os escolares do CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro levan semanas traballando arredor do Castro de San Cibrao de Las. O sábado, no recentemente inaugurado Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, exporán diferentes traballos audiovisuais e plásticos que permitirán que os asistentes se acheguen ao monumento a través da mirada dos máis pequenos.
Pola súa banda, o CEIP Matagona de Melide, está preparando un traballo sobre a igrexa de Santa María que se exporá o domingo. Para coñecer máis de cerca esta xoia do románico melidense, os alumnos e alumnas fixeron unha visita guiada polo especialista Xose Manuel Broz, que lles deu unha clase maxistral sobre este exemplo do románico no Camiño Francés.