19/06/2014
En
Blog
Actividades na Igrexa de Santa María de Melide o pasado 15 de xuño
A tarde do domingo comezou cun paseo musical amenizado pola grupo Trécolas que percorreu a vila facendo paradas para falar con diferentes invitados que nos achegaron á historia de Melide. Ao seguir presentouse o traballo realizado polo alumnado do CEIP Martagona. A actividade rematou co concerto na Igrexa de Santa María do trío que forman Pierrot Rougier, Pedro Pascual e Gema Pérez.