Normas

  • Os menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto maior de idade que se faga responsable del ou dela para todos os efectos.
  • Antes de participar, asegúrese de que a ruta é adaptada ás súas capacidades físicas, tendo en conta o percorrido, desniveis, obstáculos etc.
  • Todos os participantes deberán actuar dun xeito responsable co medio ambiente e co patrimonio, e favorecer en todo momento a conservación ambiental e o equilibrio social.
  • Todas as rutas estarán coordinadas por expertos. Os e as participantes deberán seguir en todo momento as súas instrucións e indicacións.
  • Cada participante debe levar os seus propios alimentos, líquidos, chapeu ou gorra e protector solar.
  • Para a realización das rutas recoméndase o uso de roupa e calzado axeitado para camiñadas. A organización podería restrinxir o acceso ás persoas que non veñan preparadas.
  • En caso de mal tempo, recoméndase levar roupa de abrigo e impermeable.
  • A chuvia non será impedimento para a realización da ruta. No entanto, a organización resérvase o dereito de modificar rutas do programa se o considera necesario.
  • En caso de suspensión do evento por parte da organización debido ás inclemencias do tempo, comunicarase unha nova data de realización.
  • Non é posible facer as andainas con animáis de compañía por razóns de seguridade.
    En contarnas urbanas ou vías con tráfico hai que camiñar en fila pola cuneta (ou beirarúa) da estrada.
  • No caso de que o participante decida cancelar a súa asistencia ao evento, deberá comunicalo á organización con antelación suficiente.
  • A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste regulamento.