1. Olegado cultural, social, educativo e botánico dos emigrantes indianos
REDES, ARES, A CORUÑA.
3 de agosto 10:30
PUNTO DE ENCONTRO
Praza do Pedregal, centro da vila de Redes. Hai un aparcadoiro gratuíto a 150 metros na rúa de Abaixo.
Como chegar: desde a AP9, tomar a saída 21F a Pontedeume e, uns metros máis adiante, o desvío a Cabanas. A continuación, a AC-202 cara a Ares/Mugardos e o desvío a Redes. https://goo.gl/maps/sFNhwSBGXtmwCyDW6
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A principios do século XX, moreas de mozos da península de Bezoucos emigraron a
Cuba seguindo os pasos doutros familiares e veciños. Desde a Habana, construíron unha historia común entre a illa e Galicia, e deixaron un importante e valioso
legado todavía visible no patrimonio arquitectónico e no tecido social e cultural.
Boa proba é a vila de Redes, coa Agrupación Instrutiva de Caamouco, un centro que leva aberto máis de cen anos e que desenvolve ciclos de actividades relacionadas co patrimonio indiano e a emigración.
MONUMENTA DIVULGA
A vila de Redes é un acolledor porto que á súa tradición pesqueira lle engade o fabuloso legado da emigración. O núcleo e os seus arredores servirannos para comprender e interpretar ese tesouro nos eidos da arquitectura, a botánica e a educación, ao tempo que tentaremos descubrir as contornas onde se concentraron estas «paisaxes da emigración».
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Juan López Bedoya, xeógrafo físico e divulgador científico.
Ernesto López Naveiras, presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco.
A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:00
Distancia: 3,5 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: andainacircular que, na primeira parte, se centrará na vila de Redes para, a continuación, percorrer outros edificios das parroquias.
Observacións: todo o paseo transcorre por rúas asfaltadas con tráfico local, sen zonas de sombra.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.
Máis Información en:
e.mail, julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11
Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, do 15 de xullo ao 2 de agosto.
-
- Formulario de inscrición para esta andaina do 15 de xullo ao 2 de agosto
>>>> ANDAINA COMPLETA <<<<