VALGA, PONTEVEDRA
Domingo 13 de agosto 10:00 h

• PUNTO DE ENCONTRO Colexio de Educación Primaria Xesús Ferro Couselo.

Como chegar: pola estrada PO-548 (Pontecesures-Vilagarcía), débese coller o desvío (ben sinalizado) ao Ximnasio Municipal e Xacemento arqueolóxico de Igrexa Vella, e xa se encontra o colexio público. Coordenadas: 42°41’26.2”N, 8°40’59.3”W. Aparcadoiro amplo.

• Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

O río Ulla serviu de vía de entrada e saída, non só de produtos comerciais, senón tamén de intercambios culturais. Nesta andaina, achegarémonos á época romana desde os últimos achados arqueolóxicos, pero tamén ao rastrexar as influencias culturais que permaneceron ata a Valga actual. As augas do Ulla, os xacementos de Mercado dos Mouros, antigo porto comercial datado no século IV, e de Igrexa Vella, cos restos da edificación que estivo activa desde a época romana ata o século XVIII, serán as principais testemuñas que nos mostrarán unha visión única deste territorio.

• MONUMENTA DIVULGA

Veremos paraxes naturais como a ribeira do Ulla ou a maior lagoa (de orixe non natural) da provincia de Pontevedra, xacementos arqueolóxicos e antigos métodos de traballo, herdados e optimizados, que serviron e condicionaron o desenvolvemento da contorna.

• CAMIÑANTE CONVIDADO

Santiago Chenlo Campos é licenciado en historia da arte pola USC, responsable do Museo da Historia de Valga.

••• A ANDAINA

Hora de saída: 10:00 h
Hora de regreso estimada: 14:00 h
Distancia: 11 km
Dificultade: baixa

Itinerario: ruta circular que parte do cep Xesús Ferro Couselo. A primeira parada no miradoiro de Beiro daranos unha panorámica do val formado polo río Ulla. Camiñaremos ata o xacemento de Mercado dos Mouros onde falaremos dos intereses da antiga Roma por este territorio. Será no antigo porto de vagonetas e na lagoa de Mina Mercedes onde visualizaremos as relacións do ser humano co medio. Para finalizar, o xacemento arqueolóxico de Igrexa Vella desvelaranos as pegadas que alí deixou o paso dos séculos.

Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Entrada aos monumentos: zonas de libre acceso exteriores.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 100 persoas. Imprescindible inscrición, do 03 de agosto ao 10 de agosto. Admisión por orde de inscrición.

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN DO 03 DE AGOSTO AO 10 DE AGOSTO