8. Santa Cristina de Ribas de Sil e o concepto da viaxe na literatura e no cinema

PARADA DE SIL, OURENSE
31 de agosto 10:30

PUNTO DE ENCONTRO
Entre o concello e o campo da feira de Parada de Sil. Como chegar: pola OU-536 Ourense-Castro Caldelas, en Vilariño Frío, tomar o desvío para OU-0604, á altura do km 34/35, e conducir 9 km máis. https://goo.gl/maps/kTjAXp8fciKfd2eDA

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Un dos grandes obxectivos de Monumenta, andar con arte é aprender a camiñar. Programamos actividades para reflexionar sobre o coñecemento transversal da nosa historia, e onde as ciencias e as humanidades, o patrimonio material e o inmaterial, forman un conxunto indivisible. Con esta andaina, abordaremos unha nova etapa coa cal nos adentraremos na acción e no pensamento dos viaxeiros.

MONUMENTA DIVULGA
Descubrindo o patrimonio material e inmaterial da Ribeira Sacra, o paseo permitiranos falar do propio concepto do camiñar e da viaxe. Recuperaremos textos de escritores que reflexionaron sobre esta acción que, na actualidade, son un referente na historia do camiñar.

MONUMENTA ESCOITA
Dous, o dúo formado polo clarinetista Fernando Abreu e o guitarrista Pablo Carrera, porá a banda sonora da andaina presentándonos algunhas das cancións do seu máis recente disco A Viaxe de Yoyo, un pequeno percorrido polas músicas do mundo.

MONUMENTA DEGUSTA
En Parada de Sil celébrase a festa da Pisa da Castaña, unha tradición que estaba en perigo de desaparición. Consiste na preparación de castañas secas, para o que hai que eliminar a pel a través dun sistema de cribado laborioso e artesanal.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Javier Trigales, xestor cultural, guionista e profesor de realización audiovisual.
María Abuín Fernández, guía e cofundadora da empresa Máis que Románico, especializada en andainas pola Ribeira Sacra.

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 6 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: realizaremos unha parte da ruta PR-G 98. Sairemos do concello de Parada de Sil e, desde alí, descenderemos cara ao mosteiro de Santa Cristina.
Observacións: a andaina pasará por diferentes etapas, algunhas zonas sen sombra e camiños irregulares con pequenos tramos de pendente. Desde o mosteiro, a volta á vila será en autobús.
Transporte + entrada ao mosteiro: 3 Euros.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.

Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, do 16 de agosto ao 30 de agosto.

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 16 ao 30 de agosto

>>>> ANDAINA COMPLETA <<<<