2015,Programas

Programa 2015

MONUMENTA, difusión do patrimonio restaurado é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor de igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos galegos nos que se realizaron diferentes intervencións para a súa conservación ou restauracións de interese arquitectónico e artístico.
Con este ciclo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade paisaxística.

Especialistas en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a astronomía, a xeografía, o urbanismo ou a arte axudarannos a entender outras particularidades e valores dos diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial de Galicia. E os músicos serán, ao final do día, os que reconvertan o universo sonoro de cada un destes espazos.

  1. XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE TOURÓN
    DATA: xoves 27 de agosto
  2. O GÓTICO MARIÑEIRO DE NOIA
    DATA: sábado 29 de agosto
  3. AQUIS QUERQUENNIS
    DATA: domingo 30 de agosto
  4. SANTALLA DE BÓVEDA DE MERA
    DATA: sábado 5 de setembro

 

Programas

Programa 2014

Do 7 de xuño ao 5 de xullo de 2014

MONUMENTA convídanos a coñecer e gozar o noso patrimonio restaurado. Música, obradoiros, paseos, visitas guiadas e faladoiros que permiten achegarse, dun xeito lúdico e compartido, ás intervencións realizadas en diferentes bens culturais do territorio galego: igrexas, pazos, xacementos arqueolóxicos, mosteiros etc.

Nas actividades de MONUMENTA a participación veciñal é un elemento central. Conta, ademais, cunha programación pedagóxica co alumnado dos centros educativos das áreas nas que se atopan os bens restaurados. Os nenos e nenas participantes son tamén portadores dunha historia propia e as súas investigacións e reflexións estarán tamén presentes en cada localidade.

MONUMENTA é unha programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para difundir e contribuír á valoración colectiva do patrimonio cultural galego.

A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.

  • Sábado 07 de xuño. Catedral de Tui, (Pontevedra)
  • Domingo 08 de xuño. igrexa de Santa María Magdalena, Sarria (Lugo)
  • Venres 13 de xuño. Torre da Berenguela da Catedral, Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Sábado 14 de xuño. Parque arqueolóxico da cultura castrexa de San Cibrao de Las,
    San Amaro-Punxín (Ourense)
  • Domingo 15 de xuño. Igrexa de Santa María Melide, (A Coruña)
  • Sábado 21 de xuño. Santuario das Ermidas e Castelo O Bolo, (Ourense)
  • Domingo 22 de xuño. Convento de Ferreira de Pantón, (Lugo)
  • Sábado 28 de xuño. Catedral de Ourense
  • Domingo 29 de xuño. Castelo de Tovar Lourenzá, (Lugo)
  • Sábado 05 de xullo. Petróglifos de Mogor Marín, (Pontevedra)