2018, Natureza, Paisaxe, Patrimonio

5. O Camiño Real a San Pedro de Rocas

DATOS

Día: domingo 19 de agosto
Hora de saída:
10:30 h
Hora de regreso estimada: 14:30 h
Distancia: 3 km ida e 3 km volta
Dificultade: baixa
Observacións: case todo o percorrido transcorre por un camiño de monte, co chan irregular de pedra que non presenta dificultades, pero require prestar especial atención para non tropezar e caer.

Punto de encontro: Centro de Saúde de Esgos. Praza do Cruceiro, 32720. Esgos.

COMO CHEGAR: desde A Guarda, na subida ao monte Trega, débese coller a avenida Paseo Portugal.
Ligazón: https://goo.gl/maps/izix7nrhs6n

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
En edicións anteriores, despois de coñecer Santa Eulalia de Bóveda (Monumenta 2015) e Santa Mariña de Augas Santas (Monumenta 2017), faltábanos esta visita ao que está considerado o terceiro centro dos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia. Este templo excepcional será a derradeira parada dun percorrido polo chamado Camiño Real, que desde Esgos aínda conserva o seu pavimento, as marcas das carruaxes e, sobre todo, o paso do tempo entre unha vexetación desbordante e fermosa.

MONUMENTA DIVULGA
Repasaremos a historia dos camiños: desde as vías romanas e as vías mediavais, ata os camiños reais, que deron lugar a parte das estradas da actualidade. Falaremos das árbores, muros, penedos e petos de ánimas protagonistas desta obra mestra dos camiños galegos. Esta viaxe rematará coa visita ao mosteiro de San Pedro de Rocas, estreitamente relacionado co evanxelizador da época sueva San Martiño Dumiense desde o ano 573. Polo tanto, foi un dos primeiros da Rivoyra Sacrata e o máis antigo que se conserva en Galicia.

MONUMENTA ESCOITA
Desde Ourense uníronse os talentos de experimentados músicos que formaran parte de Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun e agora son Os Amigos dos Músicos. Nestes anos acadaron premios como a mellor banda de pop nos Premios Martín Códax da Música Galega 2017, ademais de ser finalistas dos Premios min 2017 na categoría de mellor álbum en galego polo LP Os amigos dos músicos (2016).

  • Prazas limitadas a 90 persoas. Admisión por orde de inscrición

 

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 13 ao 17 de agosto

 

2018, Camiñantes históricos, Ciencia, Paisaxe, Patrimonio

2. Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galegas: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino

DATOS

Día: domingo 5 de agosto
Hora de saída:
10:30 h
Hora de regreso estimada: 14:30 h
Distancia: 5,5 km
Dificultade: baixa
Punto de encontro:  Estación Marítima da Guarda (ferri a Camiña). Segunda República, s/n, 36788. A Guarda.
Custo do transporte: A Guarda – A Pasaxe, 5 euros por persoa.

COMO CHEGAR: desde A Guarda, na subida ao monte Trega, débese coller a avenida Paseo Portugal.

Ligazón: https://goo.gl/maps/hSiqbUvacC12

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
No último cuarto do século xix o burgalés Baltasar Merino, xesuíta, chega a Galicia para impartir docencia no colexio da Pasaxe e atenuar as súas doenzas físicas nas bondades do noso clima. Desde este lugar, a lombo de equinos, viaxou por Galicia nun percorrido que lle permitiu descubrir e sistematizar gran parte da súa vexetación, do cal xurdiu, en 1905, a Flora descritiva e ilustrada de Galicia, unha obra aínda en vixencia un século despois. Preocupado polos perigos dos temporais para a vida da xente do mar, foi pioneiro na aplicación dos coñecementos meteorolóxicos á predición do tempo e á salvagarda dos pescadores.

MONUMENTA DIVULGA
Tomando como referencia o pioneiro labor científico de Merino como botánico e meteorólogo, e analizando a importancia da súa obra para Galicia e para a ciencia de inicios do século xx, abordaremos os distintos ambientes ecolóxicos deste sector da costa galega a través da distribución das súas plantas. Ensinaremos como se fan inventarios e transeptos de vexetación, así como técnicas básicas de herborización. Observaremos as nubes e valoraremos as súas características cara á predición do tempo. Non deixaremos de lado a presentación doutros valores da zona como os arqueolóxicos, etnográficos e de aproveitamento protoindustrial do patrimonio natural.

MONUMENTA ESCOITA
MJ Pérez
é unha das novas voces do panorama actual da música galega que está pisando forte. Logo de dous discos autoproducidos e de case 100 concertos por toda Galicia, agora presenta Casandra. Trátase do terceiro disco, e o primeiro de estudio, da artista arzuá, no que ademais conta con colaboracións especiais como son Paco Cerdeira, Ailén Kendelman ou Richi Casás.

  • Prazas limitadas a 90 persoas. Admisión por orde de inscrición

 

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 30 de xullo ao 03 de agosto

 

2018, Natureza, Patrimonio

1. A muralla de Lugo: patrimonio da humanidade e fogar dos vencellos

DATOS

Día: sábado 4 de agosto
Hora de saída:
11:00 h
Hora de regreso estimada: 14:00h
Distancia: 2,266 km
Dificultade: baixa
Itinerario: comezaremos o itinerario na Domus do Mitreo e percorreremos integramente a muralla.
Punto de encontro: Porta de Santiago, Domus do Mitreo. Praza Pío XII, 4, Lugo.

Ligazón: https://goo.gl/maps/mp7qtxuoVps

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A muralla de Lugo celebra en novembro de 2018 18 anos como patrimonio da humanidade. Con esta declaración produciuse unha transformación na percepción do monumento, que pasou de ser considerado un obstáculo para o crecemento urbanístico de Lugo a converterse nun factor de desenvolvemento da cidade. A conservación da muralla supuxo un reto, que impulsa cada ano novas investigacións en diferentes áreas do coñecemento, por exemplo, o patrimonio natural.

MONUMENTA DIVULGA
A construción da muralla romana introduciu cambios na fisionomía da cidade antiga. Algúns edificios quedaron cortados polo seu trazado, como sucedeu coa Domus do Mitreo, punto de partida da andaina. Ao longo do percorrido, poderemos observar os cambios urbanísticos que se produciron na contorna da muralla nestes últimos anos, as intervencións arqueolóxicas ligadas á súa conservación e os novos modos de integrar o patrimonio natural no patrimonio cultural, porque os vencellos aniñan entre as súas pedras e son parte da mesma paisaxe.

INSCRICIÓN

  • Prazas limitadas a 80 persoas. Admisión por orde de inscrición

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 30 de xullo ao 03 de agosto

 

2018, Xeral

As trobadoras e trobadores de Monumenta 2018

A principal novidade de Monumenta 2018 é a integración da música ambulante en todos os percorridos. Recuperamos así unha tradición que xa aparecía naqueles tempos da mitoloxía e a literatura oral, cando os primeiros poboadores comezaron a cantarlles aos bosques e aos animais para, despois de protexer o mundo coa música, botarse a descansar. Chamámoslle Monumenta escoita e participarán ata sete artistas en formato acústico.

2. Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galega: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino
MONUMENTA ESCOITA A MJ PÉREZ.
MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega que está pisando forte. Logo de dous discos autoproducidos e de case 100 concertos por toda Galicia, agora presenta Casandra. Trátase do terceiro disco, e o primeiro de estudio, da artista arzuá, no que ademais conta con colaboracións especiais como son Paco Cerdeira, Ailén Kendelman ou Richi Casás.

3. O oceano desde a costa de Ángeles Alvariño
MONUMENTA ESCOITA A ARIEL NINAS E ANXO FARALDO.
Ariel Ninas e Anxo Faraldo comezan a traballar xuntos en 2010 nunha relación na que a sonoridade acústica e a evocación da tradición se mesturan coa electrónica máis cirúrxica e minimalista, sen comprometer as súas identidades orixinais. Para este evento, baixo o faro de Valdoviño, preparan unha peza a medio camiño entre instalación e concerto, para o que aproveitan a peculiaridade da sonoridade e a memoria deste lugar.

4. Meigas e feitizos con Gustav Henningsen
MONUMENTA ESCOITA A TRALO-VALO
Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas,
que interpretarán cancións do repertorio gravado polo antropólogo G. Henningsen
en Galicia (1964-1968), fundamentalmente da bisbarra de Terra de Ordes. Música de matriz patrimonial que se conservou ao longo de xeracións florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados.

5. O Camiño Real a San Pedro de Rocas
MONUMENTA ESCOITA OS AMIGOS DOS MÚSICOS
Desde Ourense uníronse os talentos de experimentados músicos que formaran parte de Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun. Nestes anos acadaron premios como a mellor banda de pop nos Premios Martín Códax da Música Galega 2017, ademais de ser finalistas dos Premios min 2017 na categoría de mellor álbum en galego polo LP Os amigos dos músicos (2016).

6. Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa
MONUMENTA ESCOITA A FRANCISCO ROMUALDO
Francisco Romualdo é un espléndido contacontos que, coa zanfona e o poderío máxico da súa voz, percorre Galicia cos cantos e romances de cego.

7. O patrimonio industrial nos Peares
MONUMENTA ESCOITA A SON TRÍO
Son Trío é un grupo feminino de Vigo que une tres novas mulleres con moi ampla experiencia artística por separado. Formado en 2017 por Katerina Linke (piano e composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello), acaba de estrear cunha fantástica acollida o proxecto Miña almiña, baseado nos versos de Rosalía de Castro e con música orixinal.

8. Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas
MONUMENTA ESCOITA A DOUS
Dous son un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta. Sons da terra concentrados ao redor de dous músicos, Fernando Abreu e Pablo Carrera. Cando se escoitan as súas cancións en directo, dous recórdannos que este planeta é tan grande, ou pequeno, como sexamos capaces de imaxinar.

2018, Xeral

Camiñantes de Monumenta 2018

1. A muralla de Lugo: patrimonio da humanidade e fogar dos vencellos
LUGO, A CORUÑA
Sábado 4 de agosto, 11:00 h

  • Celso Rodríguez Cao, arqueólogo especialista na muralla e no mundo romano de Lugo.
  • José Pastor Ferreiros Carreira, arquitecto, servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Gustavo Ferreiro, membro da SEO (Sociedad Española de Ornitología).

2. Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galega: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino
A PASAXE, CAMPOSANCOS, A GUARDA, PONTEVEDRA
Domingo 5 de agosto, 11:00 h

  • Juan López Bedoya, xeógrafo formado na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Manuel Anxo Freire Boado, cartógrafo, que fará un transepto de medicións con distintos aparatos que recrearán parte do traballo científico de Domingo Fontán.

3. O oceano desde a costa de Ángeles Alvariño
MEIRÁS, VALDOVIÑO,A CORUÑA
Domingo 12 de agosto, 11:00 h

  • Juan López Bedoya, xeógrafo formado na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Julio Gómez, historiador e investigador sonoro. Coordinador de Monumenta.

4. Meigas e feitizos con Gustav Henningsen
ORDES, A CORUÑA
Sábado 18 de agosto, 18:00 h

  • Xavier Groba González, profesor de música e investigador, é especialista no estudo da música galega de tradición oral e popular. Con Sergio de la Ossa, son os autores do libro Gustav Henmingsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968.
  • O Colectivo Mutante Creativo

5. O Camiño Real a San Pedro de Rocas
ESGOS, OURENSE
Domingo 19 de agosto, 11:00 h

  • Rebeca Blanco-Rotea, é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015.
  • María Abuín Fernández, guía da empresa Máis que Románico, que realiza visitas  e rutas na Ribeira Sacra.
  • Nieves Amado Rolán, arqueóloga.

6. Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa
PALAS DE REI, LUGO
Sábado 25 de agosto, 11:00 h

  • O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), asociación cultural con ámbito de actuación na comarca da Ulloa e con sede social en Monterroso (Lugo).
  • Santiago Vázquez Collazo, arqueólogo, participou na rehabilitación do Castelo de Pambre.

7. O patrimonio industrial nos Peares
OS PEARES, OURENSE, LUGO
Domingo 26 de agosto, 11:00 h

  • Xoán Carmona Badía, catedrático de institucións económicas da Universidade
    de Santiago de Compostela, investigador da historia marítima e empresarial, e do patrimonio industrial.

8. Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas
ILLA DE ONS, BUEU, PONTEVEDRA
Domingo 2 de setembro, 10:00 h

  • Xosé Carlos López Bernardez, comisario e crítico de arte. Licenciado en historia da arte e profesor de lingua e literatura galegas.
  • Beatriz Bruna, espeleóloga do club Aradelas, responsables da catalogación de todas as furnas das illas do parque nacional.
  • Iria Vázquez, artista, investigadora e docente. Doutora en belas artes pola Universidade de Vigo.