8. Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas

DATOS

Día: domingo 02 de setembro
Hora de saída:
 09:45 h
Hora de regreso estimada: 17:30 h
Distancia: 8 km
Dificultade: media
Observacións: case todo o percorrido transcorre por pistas de terra, irregular, con subidas e baixadas, e moi poucas zonas de sombra. Se o tempo acompaña é moi importante poñer protección solar e beber abundante auga.

Custo do transporte: 10 euros por persoa.

Punto de encontro: porto de Bueu. Terminal do ferri desde Bueu á Illa de Ons.

COMO CHEGAR: pola rúa Montero Ríos, á altura do número 125.

Ligazón:
 https://goo.gl/maps/7XFpDRvhcyq

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con numerosas rutas durante o ano, pero, nesta oportunidade, Monumenta realizará unha andaina diferente na que falaremos sobre conceptos como a paisaxe e a súa relación co mundo da arte. Trátase de ofrecer unha perspectiva diferente sobre o parque natural para aprender a observar o espazo físico desde o punto de vista dun artista.

MONUMENTA DIVULGA
Urbano Lugrís está considerado o pintor por excelencia do mundo mariño, as lendas autóctonas e o gran coñecedor dos segredos dos mares galegos. E o seu fillo, Urbano Lugrís Vadillo, que morreu o pasado mes de febreiro de 2018, é definido polos expertos como o «espeleólogo da pintura». Nesta andaina, Monumenta proxecta unha aproximación á obra de Lugrís, pai e fillo, narrada coa participación do comisario Xosé Carlos López Bernárdez, da paisaxista Iria Vázquez e da espeleóloga Beatriz Bruna.

MONUMENTA ESCOITA
Dous
son un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta. Sons da terra concentrados ao redor de dous músicos, Fernando Abreu e Pablo Carrera. Cando se escoitan as súas cancións en directo, dous recórdannos que este planeta é tan grande, ou pequeno, como sexamos capaces de imaxinar.

 

  • Prazas limitadas a 90 persoas. Admisión por orde de inscrición.
  • Moi importante: hai que notificar aos menores de 13 anos.
  • Formulario de inscrición para esta andaina do 25 ao 29 de agosto

ANDAINA COMPLETA