10/06/2014
En
Blog
Actividades na igrexa de Santa María Magdalena de Sarria o pasado 8 de xuño
O pasado domingo 8 de xuño, Monumenta visitou a Igrexa de Santa María Magdalena de Sarria. Arredor deste monumento os escolares dos CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción e CPR A Mercé realizaron diferentes traballos que se expuxeron ante o público asistente. Posteriormente mantívose unha conversa con diferentes convidados sobre a tradición dos luthiers en Sarria. O broche final puxérono Germán Díaz e David John Herrintong, que presentaron un proxecto de novas composicións creadas expresamente para a lira organizzata.
- Conversa co luthier Xermán Arias
- Soraya Armesto presentando os traballos do CEIP A Mercé
- Presentación do programa Monumenta EDUCA
- Recibindo aos escolares
- Clase Maxistral de Germán Díaz sobre lira organizzata
- Clase maxistral de Germán Díaz sobre lira organizzata
- Presentación de Le Voyage
- Le Voyage: Germán Díaz e David John Herrington
- Germán Díaz
- Conversa con Xaime Felix, Arlindo
- CEIP Nosa Señora da Asunción
- Os escolares recibindo os aplausos do público