Castelo San Fernado, Ferrol

Desembarco no Castelo de San Felipe

FERROL, A CORUÑA

30 de xullo | 10.00 h

Castelo San Fernado, Ferrol 02

PUNTO DE ENCONTRO
Peirao de Curuxeiras, do Porto de Ferrol

Como chegar: pola estrada Porto Graña ou polo paseo da Mariña (rúa Espírito Santo).

 

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Esta andaina propónnos experimentar a mirada e a observación desde dentro do contorno privilexiado da ría de Ferrol. A súa configuración de porto natural ofrece un perfecto abrigo dos ventos dominantes e dos temporais, fronte ao inmenso Atlántico que agarda á volta do Cabo Prioriño. O paseo ten como obxectivo desembarcar no Castelo de San Felipe, utilizando a súa entrada natural por mar, xa en desuso. Con esta experiencia, poderemos comprender por que a ría foi elixida como lugar de asentamento desde os tempos antigos (dos castrexos, dos romanos, dos normandos) e por que, no século XVI, fronte aos ataques da Armada inglesa, se ergueron os castelos de San Felipe, A Palma e San Martiño, na bocana de ría, e a fixeron inexpugnable.

MONUMENTA DIVULGA

Coñeceremos o patrimonio marítimo dos portos, os sinais marítimos, a hidrotoponimia e as fortalezas militares exemplo da arquitectura granítica marcada pola combinación de modelos defensivos clásicos e do estilo tradicional dos canteiros.

CAMIÑANTES CONVIDADOS

Rebeca Blanco Rotea, investigadora asociada do Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela e colaboradora do INCIPIT e do CSIC. Xaquín Ferrer Cruz, arqueólogo ferrolán cunha ampla experiencia en escavacións e restauracións por toda Galicia.

A ANDAINA

Prazas limitadas (90)

Hora de saída: 10.00 h

Hora de regreso estimada: 13.30 h

Duración total: tres horas e media (incluídas as viaxes no barco)

Dificultade: baixa

Itinerario: saída en barco desde Porto de Ferro (Peirao Curuxeiras) ás 10.00 h. da mañá. Paseo pola ría durante unha hora e desembarco no castelo de San Felipe. Visita ás instalacións da fortaleza durante dúas horas e regreso no barco (travesía de 30 min).

Observacións: existen escaleiras de acceso, pequenas ramplas e tramos curtos de chan irregular con pozas de auga.

Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.

Prezo do barco: o barco ata o castelo ten un custo de 3 euros por billete (inclúe a volta) e unha capacidade de 90 prazas.

Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.

Inscrición previa: imprescindible inscrición, do 12 de xullo ao 29 de xullo, ata completar aforo neste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Admisión por orde de inscrición.

Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13625621
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211