Os bosques sagrados de Galicia
O CORGO, LUGO
Domingo 5 de setembro, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Estacionamento exterior antes da casa rural. Como chegar: pola CG-2.2 de Monforte a Lugo, tomar a saída 10 dirección Lousada durante 5 km pola CP16-11 e coller o desvío pola LU-P-2904.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O bosque da Fervenza forma parte dun ecosistema que se estende ao longo da ribeira do río Miño e que conta coa figura de protección de Reserva da Biosfera. Trátase dun dos máis importantes bosques de inundación que quedan na península ibérica, con bosques primarios de ameneiros, carballos, freixos e sabugueiros.
MONUMENTA DIVULGA
Introducirse no bosque da fervenza é viaxar nunha máquina do tempo onde as árbores centenarias, as ruínas vexetais e a paisaxe sonora ilustran un relato co que deixarse levar polas lendas e os mitos de Galicia.
MONUMENTA ESCOITA
Genaro da Silva, enxeñeiro forestal e biólogo de profesión, é poeta e editor da revista e da páxina tr3sreinos.com, ademais de coordinar o Encontro de Poesía Arraiano.
MONUMENTA ARQUIVO
Colaboración con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, unha empresa de enxeñaría dedicada ao estudo técnico no campo da acústica.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Gaspar Bernárdez, enxeñeiro forestal e paisaxista. Colabora co Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Antonio Reigosa Carreiras, responsable de comunicación e xestión cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada. http://www.galiciaencantada.com
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: 2 km.
- Dificultade: baixa.
- Itinerario: sairemos do estacionamento e camiñaremos á beira do río Miño.
- Observacións: debemos respectar a vexetación tal e como está, ocupando só os sendeiros e os camiños abertos.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición aberta o luns 23 de agosto
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|