Os camiños da minaría aurífera en Galicia

RIBAS DE SIL, LUGO
Domingo 15 de agosto, 10:00

PUNTO DE ENCONTRO
Casa do Concello de Ribas de Sil. Como chegar: pola N-120, estrada Logroño-Vigo, saída LU-933.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A partir do século I d. C., o Imperio romano levou a cabo unha intensa actividade mineira centrada principalmente na extracción do ouro. A técnica empregada na zona, hoxe pertencente ao concello de Ribas de Sil, caracterízase polo movemento de grandes cantidades de terra aproveitando a forza hidráulica do río Sil.

MONUMENTA DIVULGA
A ruta está orientada ao coñecemento dos procesos de cambio sufridos polas sociedades da Idade de Ferro en Galicia, coa chegada dos romanos, o porqué xeolóxico da minaría aurífera romana e os seus sistemas de explotación. Farase tamén unha introdución ao xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel.

MONUMENTA ESCOITA
Miguel Ángel Curiel é poeta e ensaísta. De familia estremeña, naceu en Alemaña e actualmente reside en Lugo. É autor de libros como El agua, Luminarias e Astillas, entre unha extensa produción literaria.

MONUMENTA CIRCULAR
Cata de aceites de oliva: o sur da provincia de Lugo, na Ribeira Sacra, é unha das zonas de Galicia cunha maior tradición na produción de aceite de oliva en todo o país. 

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Iván A. Álvarez Merayo, arqueólogo, técnico deportivo de montaña e escalada e membro do comité científico do xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel.
Guillermo Díaz Aira, biólogo, técnico deportivo de media montaña e guía de turismo científico.

MÁIS INFORMACIÓN

  • Hora de saída: 10:00
  • Hora de regreso estimada: 14:00
  • Distancia: ruta circular de 5 km cun desnivel positivo de 265 m.
  • Dificultade: baixa. 
  • Itinerario: no transcurso do percorrido, veremos e interpretaremos tres explotacións auríferas romanas e un túnel romano para o aproveitamento do cuarzo aurífero, e falaremos sobre a xeoloxía da zona. 
  • Observacións: toda a ruta desenvolverase por pista forestal, sen zonas expostas nin de excesiva pendente. O único tramo de subida continuada superarase na primeira hora. 
  • Transporte: 5 euros.
  • Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
  • Público destinatario: apta para todos os públicos, pero, ao ser unha ruta de monte, recoméndase unha certa preparación física.

Inscrición aberta o luns 2 de agosto.

Andaina Prezo Persoas Inscrición