Peregrinas a Santiago de Compostela

BERDOIAS, VIMIANZO, A CORUÑA
Domingo 22 de agosto, 10:00

PUNTO DE ENCONTRO

Igrexa de San Pedro de Berdoias. Como chegar: saíndo do centro de Vimianzo, coller pola AC-552. 


Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

A parroquia de Berdoias atesoura un fermoso e rico patrimonio. Nel destacan as eiras, espazos arquitectónicos complementarios das casas-vivenda rurais onde se mallaba o trigo, o centeo, a avea etc., e que tamén operaban como centros sociais dinamizadores da vila a modo de ágora ou praza da aldea. Hai censadas na parroquia de Berdoias unhas 36 eiras, un museo etnográfico excepcional ao aire libre. 


MONUMENTA DIVULGA

As mulleres peregrinaron a Santiago de Compostela desde o mesmo século IX, cando se descubriu a tumba do apóstolo Santiago. Nesta andaina, falaremos dos preparativos, as problemáticas ou situacións concretas ao longo do percorrido e os tipos de peregrinación máis frecuentes, con especial atención á peregrinación post mortem.

MONUMENTA ESCOITA


Caldo é un dos proxectos máis frescos do novo folk galego. Melodías tradicionais integradas en novos contextos sonoros. Veñen de recibir o premio Martín Códax da Música 2020 na categoría de folk e o premio Fran Pérez “Narf” 2020 da Deputación da Coruña.

CAMIÑANTES CONVIDADOS


Paula Cadaveira
, profesora de educación secundaria e investigadora nas peregrinacións e viaxes baixomedievais.
Manuel Rial, guía oficial de turismo e profesional da comunicación patrimonial.
Asociacion Parroquial de Berdoias.

MÁIS INFORMACIÓN 

  • Hora de saída: 10:00
  • Hora de regreso estimada: 14:00
  • Distancia: 4 km.
  • Dificultade: baixa.
  • Itinerario: andaina circular. Desde a igrexa de Berdoias, coñeceremos o rico patrimonio etnográfico local, o dolmen de Freáns e os petróglifos do Pedrouzo.
  • Observacións: camiñaremos por sendeiros e camiños de terra con pendente suave e algún tramo por estradas con circulación de vehículos.
  • Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
  • Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.

Inscrición aberta o luns 9 de agosto

Andaina Prezo Persoas Inscrición

1 Comentar
  • Isaac Sandoval

    06/10/2021 at 13:14 Responder

    Nam officiis quis error voluptates. Voluptas vitae voluptate numquam ut quo.

Publica un comentario