SOBER, LUGO
10 de agosto 10:30

PUNTO DE ENCONTRO
Aparcadoiro do santuario Nosa Señora de Cadeiras.
Como chegar: desde a N-120 Vigo-Logroño, tomar o desvío a Sober no km 530/531. Desde este concello, ir pola LU-P-5903, que une Sober con Doade, e saír na primeira indicación cara ao santuario de Cadeiras.
https://goo.gl/maps/qhYEDHYAYRitRvQr7

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Monumenta é andar con arte e, tamén, camiñar con música. Visitamos outro lugar de culto, que se remonta ata a epoca antiga. A andaina arranca no castro das Medorras, a primeira etapa dunha viaxe por miradoiros, penedos máxicos, o Camiño da Virxe, a igrexa románica de San Vicente de Pinol e o santuario barroco da Nosa Señora de Cadeiras.

MONUMENTA DIVULGA
Andar con música, traballar con música, rezar con música. A música durante o camiño é tan antiga como a propia peregrinación. A súa temática foi diversa e incluso chegaron a editarse libros con cancións moi variadas sobre a dimensión espiritual da viaxe; cantos de itinerario, con información sobre o camiño, e outro tipo de narracións dirixidas a celebrar o fervor relixioso.

MONUMENTA ESCOITA
A agrupación musical O Trícole creouse en 1997, no eido da recuperación do patrimonio inmaterial. O Trícole ten publicados libriños de escolmas de lendas, contos e outras tradicións orais de Sober, en colaboración coa asociación O Colado do Vento, tamén de Sober.

MONUMENTA DEGUSTA
A rosca de Sober é un pan doce, con forma de rosca, que se fai con masa de pan, ovos, azucre e azafrán. Pódese tomar como entrante ou como sobremesa —pero sempre acompañada de queixo—, para o almorzo ou como simple larpeirada.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Saleta López Vázquez, historiadora da arte especializada en xestión dopatrimoniocultural.
Xurxo Souto, músico, investigador e escritor.

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 4 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: a primeira parada será na contorna de Cadeiras para visitarmos o castro, o miradoiro e os penedos. A continuación, iniciaremos a viaxe ata Pinol, percorrendo o tradicional camiño da Virxe. De volta, remataremos a andaina coa visita ao santuario de Cadeiras.
Observacións: é unha andaina de ida e volta por diferentes sendeiros e estradas con pouco tráfico. Hai algúns tramos por zonas abertas, sen sombra, e chan irregular de pedra e terra.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.
Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, 26 de xullo ao 9 de agosto.

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 26 de xullo ao 9 de agosto