7. Castro Caldelas, paseo pola capital da lingua galega escrita

CASTRO CALDELAS, OURENSE
25 de agosto 10:30

PUNTO DE ENCONTRO
No xardín do santuario dos Remedios. Hai diferentes zonas de aparcamento nas proximidades da praza do Prado. Como chegar: pola OU-536 Ourense-Castro Caldelas. https://goo.gl/maps/x9EFnHdaC3e2EhCJA

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Castro Caldelas está situada nun outeiro que domina a ribeira do río Edo. O seu casco antigo foi declarado Conxunto Histórico- Artístico en 1998. No punto máis alto sitúase o castelo construído por orde de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, no segundo terzo do século XIV.

MONUMENTA DIVULGA
O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é un documento absolutamente singular por ser o máis antigo escrito en galego que se coñece entre os producidos en Galicia. Con este documento, Alfonso IX de León outórgalles aos cidadáns da vila de Castro Caldelas os seus foros e regula o seu réxime. Foi entregado en Allariz, en abril de 1228. Tamén é un documento solemne e o único exemplo de privilexio real en galego de toda a nosa historia .

MONUMENTA DEGUSTA
A orixe da bica ten diferentes teorías. Calcúlase que a receita ten preto de 200 anos e que
as primeiras bicas naceron das receitas e da sabedoría dos monxes da Ribeira Sacra, aínda que outras investigacións indican que este doce era elaborado pola xente da comarca como agasallo
para o Conde de Lemos.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Rebeca Blanco Rotea, licenciada en Xeografía e Historia e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015.
Fran Alonso Toucido, arqueólogo, investigador e historiador.
María Abuín Fernández, guía e cofundadora da empresa Máis que Románico, especializada en andainas pola Ribeira Sacra.

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 6 km.
Dificultade: media.
Itinerario: presentación da andaina no xardín da igrexa e, a continuación, descenso cara ao río Edo para iniciar un tramo da ruta dos muíños. Á volta, remataremos a andaina no castelo de Castro Caldelas cunha visita guiada. Observacións: andaina de ida e volta por sendeiros e camiños que, por tramos, poden presentar charcos e regatos de auga, dependendo da climatoloxía. É unha andaina sinxela, con desniveis e un relevo irregular, polo que, á volta, hai que afrontar algunha subida.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos sen problemas de mobilidade.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.

Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, do 9 de agosto ao 23 de agosto.