3. Os morcegos de Santa María de Pesqueiras
STA. MARÍA DE PESQUEIRAS, CHANTADA, LUGO
Sábado 12 de agosto 11:00h
• PUNTO DE ENCONTRO: no descenso ao encoro de Belesar, atopamos un casa de madeira abandonada e, a continuación, un sinal que indica o comezo da ruta a Santa María de Pesqueiras. Ese será o lugar de encontro. A zona de aparcamento é escasa e hai que aproveitar a beirarrúa.
Como chegar: en Chantada, desde a avenida de Monforte (LU- 533), hai que coller pola rúa de Portomarín e a avenida de Lugo. Despois, a LU-P-1802 en dirección Pesqueiras e, a continuación, o desvío pola provincial LU-P-1811 en dirección ao pazo do Piñeiro. Ao pasar o pazo, vírase á esquerda en dirección ao encoro de Belesar.
• Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A igrexa de Santa Maria de Pesqueiras constitúe un exemplo de conservación compartida entre o patrimonio cultural e o patrimonio natural. No curso da restauración da pintura mural do presbiterio, constatouse que a igrexa se convertera no fogar de centos de morcegos que aniñan no teito da nave. Ao ser unha especie protexida, e coa particu- laridade de que a igrexa non ten culto, decidiuse que era posible compartir o espazo, de xeito que un gran pano de malla fina separa as pinturas murais do resto da igrexa.
Santa María de Pesqueiras
• MONUMENTA DIVULGA
A igrexa de Santa María de Pes- queiras atópase á beira do camiño medieval de Belesar a Chantada, no medio dun bosque de casti- ñeiros e carballos centenarios que crea unha contorna propia, territorial e natural.
As pinturas murais conservadas no presbiterio, realizadas no século xvi, onde se representa a anunciación a María, a resurrec- ción de Cristo e o xuízo final están consideradas unhas das máis fermosas de toda a Ribeira Sacra. Pero, ademais, ao atractivo da arquitectura románica da igrexa e das súas pinturas murais únese o interese pola vida dunha colonia de morcegos aos que nos achegaremos neste extraordinario exemplo de convivencia arredor dun Ben de Interese Cultural e doutro ben protexido: os morcegos en Galicia e a súa importancia na dinámica dos ecosistemas e a vulnerabilidade das súas poboacións.
• CAMIÑANTES CONVIDADOS
María Abuín Fernández, da empresa ‘Máis que Románico’, que realiza visitas guiadas e rutas na Ribeira Sacra. Marta Becerro Manso, da empresa Tomos, restauradora especialista en pintura. Roberto Hermida, da asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural, bo coñecedor da vida dos morcegos.
••• A ANDAINA
Hora de saída: 11.00 h
Hora de regreso estimada: 14.00 h
Distancia: 3 km
Dificultade: baixa
Itinerario: visita a Santa María de Pesqueiras, faladoiro no interior da igrexa e, despois, andaina polos bosques e viñedos da Ribeira Sacra con fermosas vistas ao río Miño.
Observacións: camiño e pista de montaña. Perfil irregular, con ascensos e descensos continuos.
Necesidades especificas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 125 persoas. Imprescindible inscrición, do 03 de agosto ao 10 de agosto, no FORMULARIO desta páxina. Admisión por orde de inscrición.
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211
ANDAINA PECHADA