5. Sargadelos e o Laboratorio de Formas de Galicia
SARGADELOS, CERVO, LUGO
14 de agosto 11:00
PUNTO DE ENCONTRO Conxunto histórico artístico de Sargadelos.
Como chegar: desde a avenida de Lugo, N-642, tomar o desvío a Cervo e, a continuación, a estrada LU-P-1505 de Sargadelos ata o km 2. https://goo.gl/maps/ dBLgbnKwyDeaThGF6
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
En Sargadelos atópanse os restos do primeiro gran complexo industrial de Galicia. En 1794, Antonio Raimundo Ibáñez pon en marcha unha siderurxia e, pouco máis tarde, a Real Fábrica de Louza, que se mantén en funcionamento ata 1875. Case un século despois, o Laboratorio de Formas de Galicia, institución fundada en 1963 en Arxentina por Díaz Pardo e Luis Seoane, restaura a produción industrial de louza en Sargadelos.
MONUMENTA DIVULGA
Partindo da unión dos conceptos de arte e industria, e tomando de referencia experiencias como a Bauhaus, o Laboratorio de Formas dará lugar á refundación da fábrica de cerámica de Sargadelos e á creación do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside, do Instituto Galego de Información, das Ediciós do Castro, do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Seminario de Sargadelos.
MONUMENTA ESCOITA
Vudú son Belém Tajes (voces e teclado) e Maritxinha (baixo e loops). No ano 2016, o dúo faise co premio á mellor canción en galego por «Eu son VooDoo» no certame Música Xove e, o ano seguinte, acada o Premio Martín Códax da Música Galega na categoría soul. O fío da súa música pasa pola recuperación do cancioneiro tradicional adaptándoo ás sonoridades urbanas.
MONUMENTA DEGUSTA
O concello de Cervo é a capital galega do ourizo, especialmente desde que en 1992 naceu, na parroquia de San Cibrao, unha festa gastronómica para dar a coñecer este produto.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Vicente Caramés Moreira, arqueólogo e director do Museo do Mar de Galicia.
Isaac Pérez Vicente, artista plástico contemporáneo e deseñador dunha
das súas vaixelas.
Iria Vázquez, artista multidisciplinar, investigadora e docente.
A ANDAINA
Hora de saída: 11:00
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 3 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: desde o punto de encontro, camiñaremos ata a fábrica de Sargadelos, onde faremos unha visita guiada. A continuación, visitaremos a parroquia de Sargadelos e remataremos a andaina no Museo Histórico de Sargadelos.
Observacións: é unha andaina de ida e volta por estradas asfaltadas con pouco tráfico,
se ben o tramo principal, entre o conxunto histórico e a fábrica de Sargadelos, non ten beirarrúas e concentra máis tráfico. Durante o percorrido, apenas hai zonas con sombra.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos. Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.
Máis Información en:
e.mail, julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11
Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, do 1 de agosto ao 13 de agosto.
- Formulario de inscrición para esta andaina do 1 de agosto ao 13 de agosto
>>>> ANDAINA COMPLETA <<<<