Os camiños da minaría aurífera en Galicia
RIBAS DE SIL, LUGO
Domingo 15 de agosto, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Casa do Concello de Ribas de Sil. Como chegar: pola N-120, estrada Logroño-Vigo, saída LU-933.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A partir do século I d. C., o Imperio romano levou a cabo unha intensa actividade mineira centrada principalmente na extracción do ouro. A técnica empregada na zona, hoxe pertencente ao concello de Ribas de Sil, caracterízase polo movemento de grandes cantidades de terra aproveitando a forza hidráulica do río Sil.
MONUMENTA DIVULGA
A ruta está orientada ao coñecemento dos procesos de cambio sufridos polas sociedades da Idade de Ferro en Galicia, coa chegada dos romanos, o porqué xeolóxico da minaría aurífera romana e os seus sistemas de explotación. Farase tamén unha introdución ao xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel.
MONUMENTA ESCOITA
Miguel Ángel Curiel é poeta e ensaísta. De familia estremeña, naceu en Alemaña e actualmente reside en Lugo. É autor de libros como El agua, Luminarias e Astillas, entre unha extensa produción literaria.
MONUMENTA CIRCULAR
Cata de aceites de oliva: o sur da provincia de Lugo, na Ribeira Sacra, é unha das zonas de Galicia cunha maior tradición na produción de aceite de oliva en todo o país.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Iván A. Álvarez Merayo, arqueólogo, técnico deportivo de montaña e escalada e membro do comité científico do xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel.
Guillermo Díaz Aira, biólogo, técnico deportivo de media montaña e guía de turismo científico.
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: ruta circular de 5 km cun desnivel positivo de 265 m.
- Dificultade: baixa.
- Itinerario: no transcurso do percorrido, veremos e interpretaremos tres explotacións auríferas romanas e un túnel romano para o aproveitamento do cuarzo aurífero, e falaremos sobre a xeoloxía da zona.
- Observacións: toda a ruta desenvolverase por pista forestal, sen zonas expostas nin de excesiva pendente. O único tramo de subida continuada superarase na primeira hora.
- Transporte: 5 euros.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: apta para todos os públicos, pero, ao ser unha ruta de monte, recoméndase unha certa preparación física.
Inscrición aberta o luns 2 de agosto.
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|