As bágoas de San Lourenzo desde o Cabo do Mundo

12/08/2021 19:00 - 13/08/2021 02:00 O Castro, O Saviñao, Lugo

PUNTO DE ENCONTRO
Igrexa de San Lourenzo de Fión. Como chegar: circulando pola CG-2.1 ou LU-533, tomar a saída de Escairón e desde alí saír cara ao sur por LU-P-4102.
 Ver no mapa.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

Durante séculos, a Vía Láctea foi interpretada como unha especie de “camiño celestial” cara a Occidente. A súa representación no ceo acompañaba o peregrino, coma un mapa pintado no firmamento polo propio apóstolo Santiago.

MONUMENTA DIVULGA

Actividade especial, que comezará durante a tarde, percorrendo a paisaxe da Ribeira Sacra desde a igrexa de San Lourenzo de Fión para, a continuación, visitar a aldea do Castro, onde agardaremos a chegada da noite falando de estrelas e ciencia ficción.

MONUMENTA ESCOITA

Buzz presenta Pó de Estrelas: Buzz é a proposta do artista sonoro Mateo Mena e o compositor Ramón Souto. Na Grecia clásica, o universo xa se consideraba un gran instrumento musical en permanente resonancia. Os poderosos sistemas de medición da NASA foron capaces de comprobar que os corpos celestes emiten sons harmónicos.

Carolina Sánchez Sanz desenvolve proxectos de recuperación de sistemas tradicionais de construción como a terra crúa e de aplicación de revestimentos tradicionais.

MONUMENTA CIRCULAR

Nas paisaxes humanizadas da área da Ribeira Sacra, e arredor dos Camiños de Santiago ao seu paso por ela, as decoracións feitas con cal son unha das formas de ornamentación máis salientables: son os chamados encintados, moitas veces verdadeiros esgrafiados.

MONUMENTA ARQUIVO

Faladoiro especial para divulgar algunhas das obras que, desde a musica, o cine, o cómic, a literatura etc., se inspiraron na astronomía. Presentarán o comisario de cine Javier Trigales e o coordinador de Monumenta Julio Gómez.

MÁIS INFORMACIÓN

  • Hora de saída: 19:00
  • Hora de regreso estimada: 2:00
  • Distancia: 6 km.
  • Dificultade: baixa.
  • Itinerario: camiñaremos de Fión ata O Cerdeiro polo Camiño de Santiago de Inverno. Despois, tomaremos o desvío a Mourelos e desde alí chegaremos a aldea do Castro. A volta será en autobús.
  • Observacións: é unha xornada que transcorrerá pola tarde e pola noite. Estará dividida en dúas partes, unha diúrna dedicada á paisaxe da Ribeira Sacra e outra nocturna para coñecer o papel da Vía Láctea no Camiño de Santiago.
  • Actividade e transporte de volta: 10 euros.
  • Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
  • Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
  • *Consideración especial: polo horario e a contorna, este Monumenta será unha actividade diferente.  Haberá comida e bebida na aldea do Castro mentres agardamos polas Perseidas.