A paisaxe litoral na punta de Corrubedo
CORRUBEDO, RIBEIRA, A CORUÑA
Sábado 28 de agosto, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Estacionamento do faro de Corrubedo. Como chegar: entrar en Corrubedo pola AC-303 e ir ata o final da estrada.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Coñeceremos o punto máis occidental da península do Barbanza, unha zona rochosa de pequenos cantís, agras costeiras e vexetación incluída no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo.
MONUMENTA DIVULGA
Presentaremos A Orixe, unha ruta a pé que segue os pasos da translatio desde a Barbanza a Santiago de Compostela. E faremos unha investigación sobre a paisaxe sonora da costa, analizando as fermosísimas construcións en pedra seca espalladas polo cabo.
MONUMENTA ESCOITA
Abellón é un proxecto artístico e educativo que convida a unha reflexión vinculando tres mundos aparentemente non conectados: o biolóxico, a partir da figura das abellas; o social, desde os rituais de tránsito e morte e o sentido de comunidade; e o artístico, centrado na acústica, nas paisaxes sonoras e no audiovisual.
MONUMENTA ARQUIVO
Colaboración con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, unha empresa de enxeñaría dedicada ao estudo técnico no campo da acústica.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Ana Isabel Filgueiras Rei, arqueóloga en Boqueixón e na oficina de rehabilitación do casco histórico de Noia, profesora e titora da UNED en Vigo.
Iria Sobrino, arquitecta, paisaxista, experta en galpóns de Galicia e investigadora da paisaxe industrial.
Francisco Sánchez Fraga, escritor, investigador e divulgador do patrimonio de Corrubedo.
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: 3 km.
- Dificultade: baixa.
- Itinerario: circular, percorrendo as agras costeiras da punta de Corrubedo, zona de interese paisaxístico e natural.
- Observacións: hai que manterse afastado dos acantilados.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|