O Camiño Miñoto Ribeiro

PAZOS DE ARENTEIRO, BOBORÁS, OURENSE
Sábado 4 de setembro, 10:00

PUNTO DE ENCONTRO
Igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro. Como chegar: desde o Concello de Leiro tomar a OU-0414. Hai que estacionar antes de chegar ao casco histórico.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos camiños máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa cidade de Santiago. Segue transcorrendo na maior parte do seu trazado a través daqueles mesmos carreiros, calzadas romanas e camiños medievais.

MONUMENTA DIVULGA
Pazos de Arenteiro alcanzou o seu máximo esplendor na última etapa da Idade Media, cando a nobreza do viño se instalou na vila. Como lembranza da riqueza xerada polo viño do Ribeiro —que se exportaba ás illas británicas pola súa enorme calidade— son numerosas as casas brasonadas que compoñen o conxunto histórico da vila.

MONUMENTA ESCOITA
Luis Gil Pita
é arquitecto graduado pola ETSA en 1997. Desde o inicio da súa carreira publicou asiduamente artigos e participou como editor en diferentes publicacións arredor da arquitectura.

MONUMENTA CIRCULAR
En Pazos de Arenteiro, terra de arrieiros, faremos unha pequena cata de introdución aos caldos do Ribeiro. Repasaremos a dimensión histórica do viño do Ribeiro, o clima, a xeoloxía, as variedades de vides autóctonas e as diferenzas entre as tres subzonas, cos vales do Miño, o Avia e o Arnoia.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
María Abuín Fernández, guía e cofundadora da empresa Máis que Románico, especializada en andainas pola Ribeira Sacra.
Jorge Vila, director de Galicia Wine Academy e formador homologado do WSET (Wine & Spirits Education Trust).

Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, creada no ano 2014 para recuperar, divulgar e lograr a oficialidade do Camiño Miñoto Ribeiro a Santiago de Compostela.

 

MÁIS INFORMACIÓN

  • Hora de saída: 10:00
  • Hora de regreso estimada: 14:00
  • Distancia: 4 km.
  • Dificultade: baixa.
  • Itinerario: pasearemos por Pazos de Arenteiro falando de xeografía, natureza, etnografía e historia, e visitaremos a igrexa de San Salvador e o patio do pazo da Encomenda.
  • Observacións: camiños con suaves pendentes.
  • Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
  • Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
  • Consideración especial: a cata ten un custe de 5 euros por persoa.

Inscrición aberta o luns 23 de agosto

Andaina Prezo Persoas Inscrición