“El Camino Olvidado” no Bierzo
CONGOSTO DEL BIERZO, LEÓN
Sábado 7 de agosto, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Santuario Virgen de la Peña. Como chegar: N120 (N-VI) e A6 dirección Ponferrada. Saída 378 cara a Congosto e despois avenida Virgen de la Peña.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O tamén chamado Vello Camiño de Santiago e Camiño da Montaña percorría un total de 637 quilómetros desde Bilbao ata Cacabelos. Era un sendeiro moi frecuentado polos peregrinos na Idade Media, entre os séculos X e XII, que optaban por seguir a cornixa cantábrica para evitar os perigos doutros camiños.
MONUMENTA DIVULGA
Visitaremos bosques como o Zofreral de Cobrana, un dos poucos bosques monumentais que quedan intactos no Bierzo, onde descubriremos unha flora e fauna únicas mentres abordamos algúns aspectos do cambio climático co enxeñeiro Borja Jiménez Rodríguez, da empresa Miel del Camino de Santiago.
MONUMENTA ESCOITA
Leticia Rey é outra das grandes novidades dunha escena musical que continúa a sumar talento feminino á lista cada vez máis creativa e diversa da nosa música. Esta compositora nova, estudante de Vila de Cruces, aposta polo folk de estilo “americana”.
MONUMENTA CIRCULAR
Miel del Camino de Santiago é o proxecto de dous emprendedores rurais. A súa actividade principal é a produción de mel cru onde os procesos produtivos seguen todas as características propias dun produto puro e sen alteracións.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Borja Jiménez Rodriguez, apicultor e enxeñeiro técnico forestal.
Olga Verde, enóloga e presidenta de Bierzo Enoturismo.
Asociación del Camino de Santiago Olvidado e Asociación Cultural Cobrana
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 10:00
- Hora de regreso estimada: 14:00
- Distancia: 6 km
- Dificultade: baixa
- Itinerario: percorrido circular por unha parte da senda de terra do Camino Olvidado cunha ollada á abellariza Miel del Camino de Santiago, unha visita ao Zofredal de Cobrana e chegada á aldea de Cobrana.
- Observacións: é importante avisar a organización de posibles alerxias ao pole e ás picaduras de insectos.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
- *Actividades fóra do programa: xantar no merendeiro do santuario e pola tarde visita cultural.
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|