“El Camino Olvidado” no Bierzo
CONGOSTO DEL BIERZO, LEÓN
Sábado 7 de agosto, 10:00
PUNTO DE ENCONTRO
Santuario Virgen de la Peña. Como chegar: N120 (N-VI) e A6 dirección Ponferrada. Saída 378 cara a Congosto e despois avenida Virgen de la Peña.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O tamén chamado Vello Camiño de Santiago e Camiño da Montaña percorría un total de 637 quilómetros desde Bilbao ata Cacabelos. Era un sendeiro moi frecuentado polos peregrinos na Idade Media, entre os séculos X e XII, que optaban por seguir a cornixa cantábrica para evitar os perigos doutros camiños.
MONUMENTA DIVULGA
Visitaremos bosques como o Zofreral de Cobrana, un dos poucos bosques monumentais que quedan intactos no Bierzo, onde descubriremos unha flora e fauna únicas mentres abordamos algúns aspectos do cambio climático co enxeñeiro Borja Jiménez Rodríguez, da empresa Miel del Camino de Santiago.
MONUMENTA ESCOITA
Leticia Rey é outra das grandes novidades dunha escena musical que continúa a sumar talento feminino á lista cada vez máis creativa e diversa da nosa música. Esta compositora nova, estudante de Vila de Cruces, aposta polo folk de estilo “americana”.
MONUMENTA CIRCULAR
Miel del Camino de Santiago é o proxecto de dous emprendedores rurais. A súa actividade principal é a produción de mel cru onde os procesos produtivos seguen todas as características propias dun produto puro e sen alteracións.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Borja Jiménez Rodriguez, apicultor e enxeñeiro técnico forestal
Asociación del Camino de Santiago Olvidado e Asociación Cultural Cobrana