Os bosques sagrados de Galicia

05/09/2021 10:00 - 14:00 O Corgo, Lugo

O CORGO, LUGO
Domingo 5 de setembro, 10:00

PUNTO DE ENCONTRO
Estacionamento exterior antes da casa rural. Como chegar: pola CG-2.2 de Monforte a Lugo, tomar a saída 10 dirección Lousada durante 5 km pola CP16-11 e coller o desvío pola LU-P-2904.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O bosque da Fervenza forma parte dun ecosistema que se estende ao longo da ribeira do río Miño e que conta coa figura de protección de Reserva da Biosfera. Trátase dun dos máis importantes bosques de inundación que quedan na península ibérica, con bosques primarios de ameneiros, carballos, freixos e sabugueiros.

MONUMENTA DIVULGA
Introducirse no bosque da fervenza é viaxar nunha máquina do tempo onde as árbores centenarias, as ruínas vexetais e a paisaxe sonora ilustran un relato co que deixarse levar polas lendas e os mitos de Galicia.

MONUMENTA ESCOITA
Genaro da Silva, enxeñeiro forestal e biólogo de profesión, é poeta e editor da revista e da páxina tr3sreinos.com, ademais de coordinar o Encontro de Poesía Arraiano.

MONUMENTA ARQUIVO
Colaboración con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, unha empresa de enxeñaría dedicada ao estudo técnico no campo da acústica.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Gaspar Bernárdez
, enxeñeiro forestal e paisaxista. Colabora co Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Antonio Reigosa Carreiras,
responsable de comunicación e xestión cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada. http://www.galiciaencantada.com

MÁIS INFORMACIÓN

  • Hora de saída: 10:00
  • Hora de regreso estimada: 14:00
  • Distancia: 2 km.
  • Dificultade: baixa.
  • Itinerario: sairemos do estacionamento e camiñaremos á beira do río Miño.
  • Observacións: debemos respectar a vexetación tal e como está, ocupando só os sendeiros e os camiños abertos.
  • Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
  • Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Andaina Prezo Inscrición