SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, ALLARIZ, OURENSE
Domingo, 6 de agosto 11:00h

• PUNTO DE ENCONTRO: Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz.

Como chegar: desde Allariz, hai que coller a estrada de Santa Mariña, cruzar a N-525 e tomar a provincial OU-0101 cara a Santa Mariña de Augas Santas.

• Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

No ano 1931, a contorna da igrexa de Santa Mariña foi declarada Monumento Histórico-Artístico, e no ano 1963, a comarca tamén Conxunto Histórico-Artístico. Santa Mariña de Augas Santas constitúe un centro cultural desde hai máis de 2000 anos, no que conflúen os restos arqueolóxicos e históricos, a toponimia e a memoria oral dos veciños da parroquia de Augas Santas, elementos que discorren en dúas direccións, vinculados á orixe castrexa da cripta e á cristianización do territorio. Estes aspectos quedaron plasmados, dalgún xeito, na secuencia cronolóxica do conxunto.

Santa Mariña de Augas Santas

• MONUMENTA DIVULGA

Neste lugar maniféstase a idea de «apropiacionismo» daqueles lugares de culto pagán vinculados á tradición popular, que foron incorporados polo Cristianismo á nova espititualidade. A lenda de Santa Mariña ratifica a importancia do lugar e o asentamento e a materialización da mesma na xeografía da parroquia. Así, o outeiro no que asenta o castro recibe tamén o nome de Outeiro dos Pendós, con motivo da proce- sión que se celebra o día de Santa Mariña, que remata neste lugar, onde se colocan os pendóns nos buratos practicados nas rochas para este efecto. Do mesmo xeito, ao noroeste da Basílica da Ascensión atópanse as pías nas que se di que san Pedro mergullou a santa tras salvala do lume.

• CAMIÑANTES CONVIDADOS

Rebeca Blanco-Rotea e Patricia Mañana Borrazás participaron no estudio do conxunto realizado por LAPA-CSIC: o levantamento topográfico con láser-escáner e a lectura estratigráfica de alzados da basílica da Asunción e do Forno da Santa, no conxunto de Santa Mariña de Augas Santas.

••• A ANDAINA

Hora de saída: 11.00 h
Hora de regreso estimada: 14.00 h
Distancia: 5 km
Dificultade: media-baixa

Itinerario: visita á igrexa de Santa Mariña. A continuación, andaina con percorrido circular, na que pasaremos pola basílica/ forno, Penedo da Moura, Piouca da Santa, Castro de Armeá, conxunto rupestre do monte do Señoriño e Armeá.
Observacións: camiños por bosques autóctonos, con descensos —e ascensos— longos e suaves. A entrada á basílica/forno faise por unhas escaleiras estreitas, húmidas e con forte desnivel. Non é aconsellable para persoas con problemas de mobilidade.

Necesidades especificas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos, agás a entrada á basílica/forno.
Entrada aos monumentos: a visita á basílica/forno farémola por grupos reducidos.
Inscrición previaprazas limitadas a 125 persoas. Imprescindible inscrición, do 25 xullo ao 04 de agostoAdmisión por orde de inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA ESTA ANDAINA DO 25 DE XULLO AO 4 DE AGOSTO