Actividades na igrexa de San Miguel de Osmo, Cenlle (Ourense) o pasado 16 de novembro

A actividade comezou coa visita ás pinturas murais recuperadas na sacristía e na nave da igrexa de San Miguel. Inmediatamente despois, os asistentes participaron dun obradoiro sobre restauración de pinturas onde recibiron explicacións prácticas con recreacións dos tres momentos principais desta restauración: desencalado, limpeza e reintegración cromática das pinturas. No faladoiro posterior cos

VIDEO PRESENTACION

Presentación de MONUMENTA

MONUMENTA: difusión do patrimonio restaurado é un programa de actividades culturais por igrexas, mosteiros e outros edificios históricos galegos nos que se estiveron realizando diferentes restauracións de interese arquitectónico e artístico. [youtube=http://youtu.be/I4PXFEObHH0]

Catedral de Tui (Pontevedra) 9 de novembro

A catedral de Santa María, que destaca polo seu aspecto de fortaleza, é o edificio máis representativo do patrimonio artístico da vila de Tui. Consagrada en 1225, a súa construción iníciase no século XII, en pleno románico, como se ve na planta, na portada norte

Santuario da Angustia. Betanzos (A Coruña) 10 de novembro

O Santuario da Angustia, de estilo barroco do século XVIII (1750), está situado na parroquia de San Pedro das Viñas. A recente renovación dos revestimentos interiores do templo contribúe á conservación deste interesante exemplo do barroco galego, no que se mestura a sobriedade estrutural e

Igrexa de San Miguel de Osmo. Cenlle (Ourense) 16 de novembro

A igrexa de San Miguel de Osmo é un edificio de núcleo románico fortemente transformado nos séculos XVI e XVII, incluído dentro do dominio do mosteiro cisterciense de San Clodio. Os traballos de restauración realizados na sancristía sacaron á luz dous fragmentos de pintura mural